Programa escolar: Aplicación de Metodoloxías Científicas para a Conservación do Medio Natural

Amigos da Terra abre o prazo de inscrición para os Centros escolares de toda Galiza que queiran participar neste novo Programa de Educación Ambiental.

A Dirección Xeral de I+D+I, no marco Programa de Comunicación e Sensibilización Social, pretende fomentar a cultura científica e concienciar á sociedade galega da súa importancia. Porén, a través desta proposta, levaremos a cabo o noso obxectivo de achegar as prácticas e coñecementos científicos, moitas veces relegados a un sector reducido, á nosa vida cotiá.

Metodoloxía Científica en San Mamede

Unha fórmula para espertar a nosa curiosidade é mostrar de xeito práctico e vivencial o aspecto empírico da ciencia en plena natureza, complementado neste caso a través dos recursos educativos que ofrece As Corcerizas.

O programa estará en funcionamento desde Abril ata Xuño, dirixido a Centros escolares de toda Galiza.

Horario: chegada ao Centro ás 11:00h; saída ás 17:00h
Destinatarios/as: a partir de 6º de Primaria
Nº de participantes por xornada: 40

Xantar e transporte por conta dos/as participantes.

[Obxectivos e Programa ampliado]

Ficha de inscrición: Formato WORD / Formato PDF

Actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

dxidi

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

     Comentarios fechados

Novos sistemas de aquecemento en As Corcerizas

Esperado dende fai moito tempo e conseguido non sen moitos esforzos, As Corcerizas conta xa cun sistema de calefacción activo na aula e no comedor.

Iso é posible grazas á existencia de dúas placas solares térmicas colocadas no mes de agosto por Renergy, e á instalación dunha nova caldeira de biomasa.

placas solares termicas

Totalmente automatizada e instalada pola empresa Ekosol, a nova caldeira de biomasa de tecnoloxía austríaca, complementa a singular traxectoria de As Corcerizas no seu abastecemento enerxético.Serve ademais como exemplo e recurso educativo para os centos de persoas que cada ano pasan polo Centro.

instalacion caldeira biomasa ekosol

instalacion caldeira biomasa

Logo da leña, do serrín e das labras, seguimos diversificando no emprego de combustible co uso de “pellets”, un granulado de serrín prensado e aglomerado mediante a súa propia lignina, que permite o aproveitamento dos (agora revalorizados) residuos das carpinterías.

pellets, combustible da caldeira de biomasa

Con estos notables cambios, Amigos da Terra dá un paso máis cara o autoabastecemento e sostibilidade.

Queremos agradecer o intererse persoal e implicación de Villar e Kiko, responsables das empresas Renergy e Ekosol, que non escatimaron esforzos na posta en marcha destas novas instalacións e que seguen de cerca a súa evolución.

instalación caldeira biomasa ekosol

Cabe destacar a participación na instalación da caldeira de dous futuros instaladores profesionais, Carlos e Poli, que logo de formarse no centro de Ekosol e coñecer As Corcerizas nunha visita educativa, non dubidaron en participar deste singular evento.
Para eles o noso recoñecemento e sinceiro agradecemento pola profesionalidade mostrada e a simpatía compartida.

instalación caldeira de biomasa ekosol

Agora só resta que vos acheguedes a coñecer e disfrutar das instalacións, inmersos nun acolledor ambiente otoñal de montaña.

Consulta as galerías de fotos das instalacións nos seguintes enlaces:

     Comentarios fechados

Visita do I.E.S Cidade de Antioquía

O día 10 de Novembro, os/as profesores/as do I.E.S. Cidade de Antioquia, de Xinzo de Limia, organizaron unha visita ao Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas xunto con outros/as profesores/as de Alemania, Finlandia e Francia.

IES de Antioquia

Actualmente, os centros educativos aos que representan atópanse integrados nun proxecto europeo orientado ao intercambio de experiencias entorno ás enerxías renovables; polo que a visita a As Corcerizas foi unha oportunidade excepcional para coñecer un proxecto galego vangardista neste eido.

     Comentarios fechados

I Xornadas de Iniciación á Micoloxía e Boas Prácticas no Monte

A fin de semana do 24 e 25 de novembro, celebramos as “I Xornadas de Iniciación á Micoloxía e Boas Prácticas no Monte”, .

xornadas micolóxicas

Contamos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, especialista na materia e presidente da Asociación Os Cogordos, quen nos axudou a recoñecer aos fungos; dende os comestibles ata os tóxicos, e incluso velenosos. Aproveitando a saída, fíxonos ver a importancia das boas prácticas no monte á hora da recolección, e a súa relación coa conservación dos seus hábitats.

A pesar de que as condicións deste outono non fosen as máis favorables para os fungos, animámonos a saír polo monte; e para a nosa sorpresa, atopámonos con máis cantidade de fungos dos que creíamos.

xornada_cociña_cogumelos

Para rematar as xornadas, realizamos un obradoiro de cociña, onde fíxemos unha exquisita sopa de bambú e setas con fideos de arroz, e uns marabillosos macarróns con níscalos, que nos deixaron a todos/as co buche cheo!!

Podedes ver e descargar as fotos da fin de semana premendo aqui

     Comentarios fechados

Rota do Bidueiral co Clube Deportivo de Fontiñas

O domingo 18 de novembro, tivemos nas Corcerizas a visita dun grupo de corenta senderistas santiagueses do Clube Deportivo de Fontiñas.

Acostumados ás andainas no monte galego, viñeron con moitas ganas de descubrir a Serra San Mamede e o Bidueiral de Montederramo.

Rota do Bidueiral Fontiñas

Despois da subida ata o alto de San Mamede, onde xantamos, introducímonos nun novo roteiro cara o Bidueiral de Montederramo. Pola baixada cara ao bosque, gozamos dunha paisaxe encantadora…

O vento deste día outonal animou ás damas brancas (bidueiros) a saír, vestidas con cores estupendas, variando do violeta ao amarelo, pasando polo vermello e laranxa, acompañáronnos ao longo do noso paseo.

Rota do Bidueiral Fontiñas

A senda polo interior do Bidueiral permitiunos velo dende dentro, dende cerca, dende lonxe, tocalo, ulilo…

Rota do Biduerial Fontiñas

Realmente estaban actuando connosco. Foi un espectáculo grandioso que encantou a toda a xente.

Podedes consultar as fotos do roteiro na galería fotográfica da web de Amigos da Terra.

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »