II Andaina pola Defensa do Bidueiral de Montederramo

Nos dous días de andaina por San Mamede emboscaremonos nesta serra mítica, chea de lendas e de historia (homes lobo, refuxio de guerrilleiros, fadas, trasnos, carboeiros…).
Poderemos observar boas e más prácticas nos ecosistemas que acolle a serra, o efecto pernicioso de lumes continuados, proliferación de pistas forestais, erosión, construccións de todo tipo… Introducirémonos na fraga mellor conservada da provincia de Ourense, “o Bidueiral de Montederramo”, ecosistema que corre o risco de desaparecer por unha irracional “explotación cinexética intensiva”.

Salvemos o Bidueiral!!

Salvemos o Bidueiral

Horario:

10:00 h. Saída de Ourense en autobús dende o Parque San Lázaro.

11:30 h. Rebordechao (Vilar de Barrio). visita ao lugar e o seu conxunto etnográfico (forxa, forno, muiño, taberna…).
13:00 h. Rebordechao – As Corcerizas (Serra de San Mamede). Nas Corcerizas coñeceremos a realidade das enerxías renovables e da bioconstrucción (todo o centro funciona baixo estes criterios sustentables).
20:00 h. Cea no Albergue das Corcerizas con xogos, música, contacontos, queimada, sorpresas… (Dormimos no albergue) Hai auga quente, litera. Só precisas levar saco de durmir, toallas e chanclas.

09:00 h. Almorzo.
10:00 h. As Corcerizas – Fonte do Santo – Bidueiral de Montederramo
13:30 h. Xantar no Bidueiral (merendeiro do Campo do Casal)
15:30 h. Campo do Casal – A Mogainza (Montederramo)
17:30 h. Volta en autobús dende A Mogainza cara Ourense

Dificuldade: media-baixa. Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, impermeable por se chove, algo de comida para o roteiro do sábado. Non esquezas o saco de durmir, cámara de fotos, video (imos a facer unha exposición sobre a situación deste ecosistema e sobre a andaina).

Prezo da viaxe en autobús dende Ourense (ida e volta), cea, almorzo, xantar, albergue e
as actividades programadas para os dous días 35 e · Actividades un só día 10 e
Ingreso da inscrición antes do día 7 de febreiro na conta:
Caixa Galicia 2091 0450 41 3040043331 concepto: CDMG “nome da persoa que fai a reserva”.

___________________________________________________________

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2006 como “Ano Internacional dos Desertos e a Desertificación” como parte de accións para incrementar a conciencia da cidadanía para evitar os problemas ambientais que sigan facendo avanzar a desertificación.
Hoxe tristemente aínda non nos decatamos que estamos a ser afectados directamente por actuacións neglixentes (incendios, contaminación, uso abusivo do solo, explotación irracional de recursos…). É preciso realizar esforzos comúns para evitar unha agonía anunciada.
“Pensa globalmente, actúa localmente”

É preciso entón:
A implicación das Administracións Públicas na recuperación-restauración e conservación deste Espazo Natural.
Trocar a localización da explotación cinexética do Bidueiral de Montederramo.
Restauración dos estragos xa producidos e a determinación de responsabilidades.
Declarar o Macizo Central Ourensán como Parque Natural, no que o Bidueiral de Montederramo sexa declarado Reserva Integral.

O Bosque é Vida.
Polo uso sostible do Bidueiral de Montederramo-Serra de San Mamede

[Fotografías da Actividade]