Xornadas e Campamentos sobre Enerxías Renovables 2006

Xornadas e Campamentos 2006

DESTINATARIOS: Alumno/as de Centros Escolares, maiores de 9 anos.

DATAS: Durante os meses de xaneiro a xuño.
Os Centros Escolares farán unha proposta de datas, que serán valoradas e concretadas polo persoal de Amigos da Terra

CONDICIÓNS XERAIS:

Programación:
A xornada consta dunha visita práctica e vivencial polas instalacións para achegar aos participantes aos problemas derivados do cambio climático e coñecer a realidade das enerxías renovables, valorándoas coma unha opción eficaz e sostible para a nosa sociedade actual.
Descubrirán tamén as potencialidades, vantaxes e beneficios das novas técnicas e materiais de bioconstrución, que nos permiten vivir dun xeito máis sostible, sen renunciar aos niveis de benestar alcanzados ata agora.
Ambas actividades levan asociadas unha serie de obradoiros que se postulan como a fórmula ideal para aprender xogando novas habilidades e coñecementos.

Horario:
Chegada a As Corcerizas: 11:30
Saída de As Corcerizas: 17:00

Coa finalidade de favorecer a combinación co transporte escolar, Amigos da Terra adaptarase, na medida do posible, aos horarios de chegada e saída que propoñan os Centros Escolares.

Nº de participantes:
Mínimo: 20
Máximo:40

Custe:
Actividade gratuíta, subvencionada pola obra Social Caja Madrid.
O desprazamento ata as instalacións e o xantar correrá por conta dos participantes.

Programación:
Roteiros interpretativos pola Serra, obradoiros ambientais e de bioconstrución, experimentos e comprobacións “in situ” do funcionamento das enerxías renovables… e, como non, xogos, dinámicas e veladas nocturnas, farán deste campamento unha singular e inesquecible experiencia.
A información transmitida nun entorno excepcional, xunto coa experiencia vivencial, serán a clave para sensibilizar e formar ás xeracións futuras, mostrándolles alternativas que nos permitan vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata agora.

Horario:
Chegada a As Corcerizas: 1º día pola mañá
Saída de As Corcerizas: 4º día pola tarde
Os horarios detallados concretaranse co persoal de Amigos da Terra

Nº de participantes:
Mínimo: 20
Máximo: 36

Custe:
A actividade sobre enerxías está subvencionada pola Obra Social Caja Madrid, polo que o custe total do campamentos é: 90 € por participante*
O desprazamento ata as instalacións correrá por conta dos participantes.

O prezo inclúe:
– Manutención (almorzo, xantar, merenda e cea).
– Aloxamento.
– Auga quente sanitaria.
– Persoal técnico. Monitores. Ratio: 1 monitor/10 participantes.
– Gastos de programación e xestión.
– Material para a realización das actividades.
– Uso e desfrute das instalacións.
– Seguro de Responsabilidade Civil.

NOTA: Os participantes terán que traer saco de durmir, toalla e chanclas.
* O prezo non inclúe i.v.e.

UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS: Macizo Central Ourensá. Serra de San Mamede, Concello de Vilar de Barrio, Ourense. Para máis información consultar a sección localización.

INSCRICIÓN:
Se o voso Centro está interesado en participar nas “Xornadas ou Campamentos sobre Enerxías Renovables”, cubride o correspondente cuestionario de inscrición e remitídeo a Amigos da Terra coa maior brevidade posible.
Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Os Centros participantes recibirán gratuitamente unha unidade didáctica e un caderno sobre enerxías renovables.

ORGANIZA:
Amigos da Terra
r/ Curros Enríquez 19, 1º interior
32.003 – Ourense
Telf: 988 374 318
Fax 988 511 020
info@ascorcerizas.com

COLABORA:
Obra Social de Caja Madrid