Arquivo de Abril, 2006

Visitas educativas de colexios de Ourense a As Corcerizas

A asociación Amigos da Terra, xestora do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, en colaboración co Concello de Ourense, inicia mañá unha serie de visitas sobre enerxías renovables e bioconstrución, de diferentes colexios de Ourense.

A visita consiste nun roteiro interpretativo polas instalacións para coñecer “in vivo” a viabilidade do uso de fontes enerxéticas alternativas, e os beneficios dunha construción coherente co medio e saudable para os seus usuarios. Xogos, obradoiros e pequenas rotas pola Serra completarán a estancia dos escolares no Centro.

Visita As Corcerizas

O obxectivo das actividades é dar a coñecer outra realidade dun xeito práctico e vivencial, descubrindo unha alternativa que nos permita vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata agora.

Centros escolares que visitarán As Corcerizas esta semana
25 de abril de 2006 Guillelme Brown
26 de abril de 2006 Divina Pastora
27 de abril de 2006 Covadonga

     Comentarios fechados