Arquivo de Decembro, 2008

Interpretación do Patrimonio. Curso de Especialización en Guía-intérprete

Tras o curso de iniciación impartido o pasado outono, os días 28, 29 e 30 de novembro, abriuse a oportunidade de continuar coa especialización no coñecemento de técnicas e metodoloxías para planificar, deseñar, desenvolver e avaliar actividades guiadas ou de contacto co público, mostrando a súa aplicación de xeito práctico.
Os/as participantes que asistiron o curso viron cumpridas as súas expectativas, quedando á espera dunha 3ª edición.

Só houbo unha cousa que nós sorprendeu…o temporal de neve, que fixo que quedaramos illados/as en As Corcerizas ata o luns. Pero iso non foi ningún impedimento para que todo fora un éxito e o curso se levara a cabo sen problemas.
Gracias ao bo ambiente que se creou, ao bo funcionamento do equipamento e a  implicación de todos/as, chegamos sans e salvos/as aos nosos fogares, recordando sempre a fermosa paisaxe de As Corcerizas cuberta de neve.

Curso de interpretación do patrimonio na neve

     Comentarios fechados