Xornadas de Enerxías Renovables e Bioconstrución

Sentir, coñecer e actuar

A xornada consta dunha visita práctica e vivencial polas instalacións do C.E.A. As Corcerizas, pioneiro en Galicia no eido das enerxías renovables e a bioconstrución, para achegar aos participantes aos problemas derivados do cambio climático e coñecer a realidade das enerxías renovables, valorándoas coma unha opción eficaz e sostible para a nosa sociedade actual.

As Corcerizas

Descubrirán as potencialidades, vantaxes e beneficios dunha boa xestión de residuos, comprobando in situ o funcionamento da depuración biolóxica das augas residuais mediante a utilización de plantas (macrófitas), xunto coa compostaxe dos sólidos orgánicos; tamén coñecerán novas técnicas e materiais de bioconstrución, que nos permiten vivir dun xeito máis sostible, sen renunciar aos niveis de benestar alcanzados ata agora.

As Corcerizas Todo isto fai que As Corcerizas se presente coma un recurso educativo en si mesmo. Un recurso que xunto cunha serie de obradoiros e xogos, se postula como a fórmula ideal para aprender, xogando, novas habilidades e coñecementos.