Arquivo de Abril, 2009

As Corcerizas acolle a parte práctica do curso de Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente

Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas a parte práctica do curso de “Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente”, organizado por Amigos da Terra en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Axencia Española para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), e cuxa parte teórica levouse a cabo durante esta semana en distintas cidades galegas.

080425_ng-7.jpg

Ler máis…

     Comentarios fechados

Curso de Iniciación á Educación Ambiental

Dentro da programación do curso de “Iniciación á Educación Ambiental”, organizado polo  CEIDA no Castelo de Santa Cruz e que celébrase do 22 ao 24 de abril, mañá, mércores participaremos co proxecto de As Corcerizas na mesa redonda “Asociacionismo e Educación Ambiental en Galicia”, compartindo mesa con outras entidades de carácter ambiental de Galicia.

educaambiental.JPG

Ler máis…

     Comentarios fechados

Campamento escolar da ANPA do CEIP San Marcos


Na primeira fin de semana deste mes cativas e cativos de Cartelle tiveron a oportunidade de pasar uns días de aprendizaxe práctica e divertimento en As Corcerizas. Visita polo equipamento, xogos sobre enerxías, obradoiro de cestería con papel, veladas nocturnas… foron algunhas das actividades que se levaron a cabo.

p1020700.jpg

Ler máis…

     Comentarios fechados