Exitosa aterraxe do Aeroxerador Polska Zefir6
Mantendo a liña marcada por Amigos da Terra de educación práctica para sostibilidade e coherencia do equipamento, As Corcerizas da un paso máis adiante no seu sistema enerxético ao instalar o aeroxerador Zefir 6.
Construido “a medida” polo equipo do Doutor Zaber (Polonia), instalado en As Corcerizas por Montaxes Lagoa (Lugo), e apoiado pola Consellería de Innovación e Industria e o Instituo Enerxético de Galicia, o Zefir 6 é hoxe en día un prototipo de pequena potencia (5 kw) único no mercado.
Capaz de iniciar a súa produción con ventos de baixa velocidade e dotado dun sistema de frenado activo, este aeroxerador preséntase coma a solución ideal para facer fronte ás duras e variables condicións atmosféricas do alto da Serra de San Mamede.
Nin a distancia, nin a neve, nin a altura, puxeron freo a este ilusionante e tan esperado momento.
As fotos falan por si soas.
Sorrisos e algo de nervios ao paso de Zefir por As Corcerizas.
Na foto podedes ver a Suso (Montaxes Lagoa), a Marine (voluntaria de Amigos da Terra), a Christopher (técnico de Polonia), o Doutor Zaber (o pai da criatura), e Thomas (voluntario de Amigos da Terra).
Fría mañá a do 27 de marzo… friísima.
O transporte pola pista forestal ata o “Penedo da Lebre” (ponto de ubicación do aeroxerador) non tivo maior problema.
Cabeza, palas, punteira e aparataxe eléctrica acadaron os 1.300 metros de altura sanas e salvas.
O primeiro paso que houbo que dar foi retirar a punteira do antigo aeorxerador… pois si que estaba amarrada a conciencia!
Desparafusadores, chaves, martelos, palancas, e varias horas de traballo, foron necesarios para desmontar a peza.
Unha punterira estaba fóra, faltaba agora montar a nova… e a conta atrás das horas de luz daba comezo.
Co soporte listo, só restaba montar as palas, elevar a cabeza e suxeitala á estructura vertical.
Esta foi a derradeira foto antes de que o Zefir botase a voar.
e a noite chegou…
e ao amencer mullido e branco manto arroupaba ao Zefir nas súas primeriras horas de vida na Serra.
Os polacos sempre o tiveron claro: “a neve non é un problema”.
Velaqui está! dende As Corcerizas e para todo o mundo… o aeroxerador ZEFIR 6.
Amigos da Terra agradece o interese, profesionalidade e colaboración de todas as persoas implicadas no proceso:
- A Conselleria de industria, especialmente ao Instituto Enerxético de Galicia, polo constante apoio ao proxecto.
- A Suso, polas incontables horas de adicación e tenacidade ata dar coa alternativa.
- Ao doctor Zaber, por afrontar o reto.
- A Christopher, por ser o noso heroe nas alturas.
- A Toño, o transportista de Excavacións E.Vide, pola boa acollida e paciente espera.
- Ao gruista de Bertólez, polas horas a deshora.
- Aos/ás Veciños/as, especilamente a Vilas e Pedro, pola súa disponibilidade.
- Aos/ás Socios/as, especialmente a Miguel, pola reportaxe gráfica.
- Ás/aos Voluntarias/os, especialmente a Marine, polas súas dotes de traductora.
- e a todos/as vós polo apoio moral e confianza depositada na equipa de As Corcerizas.
URL da información Comentarios fechados