Exitosa aterraxe do Aeroxerador Polska Zefir6

Mantendo a liña marcada por Amigos da Terra de educación práctica para sostibilidade e coherencia do equipamento, As Corcerizas da un paso máis adiante no seu sistema enerxético ao instalar o aeroxerador Zefir 6.

Construido “a medida” polo equipo do Doutor Zaber (Polonia), instalado en As Corcerizas por Montaxes Lagoa (Lugo), e apoiado pola Consellería de Innovación e Industria e o Instituo Enerxético de Galicia, o Zefir 6 é hoxe en día un prototipo de pequena potencia (5 kw) único no mercado.

Capaz de iniciar a súa produción con ventos de baixa velocidade e dotado dun sistema de frenado activo, este aeroxerador preséntase coma a solución ideal para facer fronte ás duras e variables condicións atmosféricas do alto da Serra de San Mamede.

Nin a distancia, nin a neve, nin a altura, puxeron freo a este ilusionante e tan esperado momento.

As fotos falan por si soas.

Instalación Aeroxerador Zefir 6

Sorrisos e algo de nervios ao paso de Zefir por As Corcerizas.
Na foto podedes ver a Suso (Montaxes Lagoa), a Marine (voluntaria de Amigos da Terra), a Christopher (técnico de Polonia), o Doutor Zaber (o pai da criatura), e Thomas (voluntario de Amigos da Terra).

Instalación Aeroxerador Zefir 6

Fría mañá a do 27 de marzo… friísima.
O transporte pola pista forestal ata o “Penedo da Lebre” (ponto de ubicación do aeroxerador) non tivo maior problema.
Cabeza, palas, punteira e aparataxe eléctrica acadaron os 1.300 metros de altura sanas e salvas.

Instalación Aeroxerador Zefir 6

O primeiro paso que houbo que dar foi retirar a punteira do antigo aeorxerador… pois si que estaba amarrada a conciencia!
Desparafusadores, chaves, martelos, palancas, e varias horas de traballo, foron necesarios para desmontar a peza.

Instalación Aeroxerador Zefir 6

Unha punterira estaba fóra, faltaba agora montar a nova… e a conta atrás das horas de luz daba comezo.

Instalación Aeroxerador Zefir 6

Co soporte listo, só restaba montar as palas, elevar a cabeza e suxeitala á estructura vertical.
Esta foi a derradeira foto antes de que o Zefir botase a voar.

e a noite chegou…
e ao amencer mullido e branco manto arroupaba ao Zefir nas súas primeriras horas de vida na Serra.

Instalación Aeroxerador Zefir 6

Os polacos sempre o tiveron claro: “a neve non é un problema”.

aerogenerador Zefir 6

Velaqui está! dende As Corcerizas e para todo o mundo… o aeroxerador ZEFIR 6.

Amigos da Terra agradece o interese, profesionalidade e colaboración de todas as persoas implicadas no proceso:

  • A Conselleria de industria, especialmente ao Instituto Enerxético de Galicia, polo constante apoio ao proxecto.
  • A Suso, polas incontables horas de adicación e tenacidade ata dar coa alternativa.
  • Ao doctor Zaber, por afrontar o reto.
  • A Christopher, por ser o noso heroe nas alturas.
  • A Toño, o transportista de Excavacións E.Vide, pola boa acollida e paciente espera.
  • Ao gruista de Bertólez, polas horas a deshora.
  • Aos/ás Veciños/as, especilamente a Vilas e Pedro, pola súa disponibilidade.
  • Aos/ás Socios/as, especialmente a Miguel, pola reportaxe gráfica.
  • Ás/aos Voluntarias/os, especialmente a Marine, polas súas dotes de traductora.
  • e a todos/as vós polo apoio moral e confianza depositada na equipa de As Corcerizas.

Os comentarios están fechados.