Amigos da Terra e a Universidade de Vigo dan comezo ao programa multiaventura: Ourense ao paso
Este programa extenderase ao longo de toda a primavera, ofertando distintas actividades relacionadas co deporte alternativo e a natureza: escalada, sendeirismo, rutas en bici, iniciación ao parapente, orientación na montaña…
Para dar comezo a “Ourense ao paso”, o sábado 10 de Marzo farase unha actividade de Sendeirismo e Orientación pola Serra de San Mamede, no Macizo Central Ourensán.