Aberta a inscrición para “Comunicación e Educación Ambiental como ferramenta para o cambio”
Amigos da Terra desenvolve a fin de semana do 31 de outubro e 1 de novembro a primeira parte do seminario “O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable”. Nesta primeira fase responderemos a como podemos comunicar o cambio climático e incidir eficazmente na sociedade.
O seminario está destinado a todas aquelas asociacións, empresas, administración e calquera entidade ou persoa en xeral vinculada coa educación ambiental, a comunicación e/ou o eido do cambio climático.