Faite Soci@ de Amigos da Terra
   

inicio | ACTUALiDADE | instalacións | localización | fotos | contacto | zona RSS

 
   

bioconstrucción | enerxías renovabeis

 
   
 
O uso de Enerxías renovabeis combinado cunha adecuada orientación e distribución de espazos,
é a clave para a optimización dos recursos naturais e o aforro enerxético.

Un aeroxenerador, unha turbina e placas solares recollen a enerxía necesaria
para acender as nosas lámpadas e poñer en marcha cociña e electrodomésticos.

A calor, obtida a partir da queima de madeira (biomasa) e da enerxía do sol (placas solares)
quecerá auga e radiadores.

Aporta criterios e técnicas que garanten unha estancia saudable, utilizando materiais non contaminantes
nin tóxicos, apostando polos reutilizabeis e reciclabeis respectando a cultura popular.

Os muros construíronse evitando materiais nocivos a cotío empregados nas construccións.
A cuberta vexetal está realizada con madeira, drenaxe para o auga da chuvia,
illamento de cortiza de sobreira e terra vexetal.

A carpintería interior e exterior é de madeira de tala sostible, tratada con colas,
vernices e aceites naturais, libres de tóxicos.
Para o chan utilizouse barro natural da zona.

Durante a túa estancia poderás experimentar por ti mesmo
a satisfacción de vivir na natureza dun modo coherente e respectuoso