Faite Soci@ de Amigos da Terra
     
   
bioconstrucción | enerxías renovabeis
 
   
 
 
Principais criterios de BIOCONSTRUCCIÓN
 
1 - Asentamento adecuado.
2 - Integración no seu entorno máis próximo.
3 - Deseño personalizado segundo as necesidades do usuario.
4 - Adecuada distribución de espazos.
5 - Emprego de materiais saudabeis e biocompatibeis.
6 - Implantación de sistemas para o aforro enerxético.
7 - Equipamento mobiliario de baixo impacto.
8 - Programa de tratamento dos elementos residuais.

Estes criterios dependen das circunstancias de cada situación: terreo, clima, edificacións previas, usuarios, orzamento... polo que o resultado será unha construcción feita a túa medida.

1. Hai que adaptar a obra, na medida do posible, ás fendas que haxa no terreo, evitando sempre as zonas con alteracións magnéticas.

2. Para un maior aproveitamento da luz e da calor, procurouse ter cara o norte bosque perenne (piñeiros) e cara o sur bosque de folla caduca (pradairos, castiñeiros, carballos...).

3. Os gases nocivos liberados do subsolo teñen unha vía para a súa escapada ao exterior.

4. En toda a construción empregouse formigón sen ferro, e madeira de piñeiro de abeto de tala sostible e respectuosa cos ciclos naturais da lúa para evitar o ataque de parasitos.

5. O cemento gris foi substituído por cemento branco e cal, facendo así emprego de materiais exclusivamente naturais e libres de tóxicos.

6. A cuberta é vexetal ¿por qué? Fai de illante da calor do sol no verán, non deixando que se escape no inverno. Foi realizada con madeira, cortiza de sobreira, caucho reciclado, grava e terra vexetal.

7. Os muros están cubertos con cortiza de sobreira e taboleiros feitos con papel reciclado e xiz natural; así non se fai uso de materiais tan nocivos empregados na construción cotiá.

8. A instalación eléctrica evita os campos electromagnéticos, nocivos para a nosa saúde.

9. As lámpadas empregadas son de baixo consumo.

10. As instalacións de saneamento, fontanería e calefación foron realizadas con materiais non tóxicos, prescindindo así do PVC.

11. A carpintería interior e exterior é de madeira de tala sostible, tratada con colas, vernices e aceites naturais, libres de tóxicos.

12. Empregáronse materiais da zona como pedra de lousa e baldosas de barro cocido.

13. As pinturas son naturais (ao silicato) en exteriores e interiores.

14. Tratamentos especiais para a madeira de exteriores, con insecticidas, tinguiduras, funxicidas, impermeabilizantes e protectores naturais dos raios ultravioleta.