Parapente e Papaventos na Serra de San Mamede
Podes consultar a información completa no apartado:
ACTiViDADES 2006-2007
[Parapente e Papaventos]
URL da información Comentarios fechados
Podes consultar a información completa no apartado:
ACTiViDADES 2006-2007
[Parapente e Papaventos]
URL da información Comentarios fechados
O próximo 3 de Xuño comezan en As Corcerizas as xornadas adicadas ao vo en parapente e a iniciación aos papaventos. A emoción está servida, apuntate e ven disfrutar connosco.
Podes consultar a información completa no apartado:
ACTiViDADES 2006-2007
[Parapente e Papaventos]
A pasada fin de semana púñase en marcha nas Corcerizas o programa de visitas guiadas de fin de semana Camiñando ao son das montañas galegas.
A chegada ao anoitecer logo da viaxe, para algúns máis rota de aventura que viaxe, foi seguida dunha estupenda cea ecolóxica e unha reconfortante noite no albergue.
Os alimentos procedentes da agricultura ecolóxica, os edificios saudables e un entorno lonxe da contaminación das urbes, recargáronnos de enerxía para afrontar con alegría e ilusión a rota que, atravesando á Serra de San Mamede, nos levou ata do Bidueiral de Montederramo.
O rexurdir da primaveira, sempre máis tardía na alta montaña, o interese e curiosidade do grupo, e o singular do entorno, foron un constante aliciente durante a rota que rematou nos arredores do mosteiro de Montederramo.
As/os participantes sempre o tiveron claro: mellor un futuro prometedor que o pasado coñecido; non si?
E chegou o domingo… espectantes ante a actividade de música e medio ambiente que Nacho (Conservatorio de Música Folque e tradicional de Lalín) nos tiña preparada, puxémonos en acción na busca de elementos do entorno cos que xerar algún tipo de son… ou ruido.
Txalaparta con caixas niño e troncos, flautas con botellas, composteiro convertido en baixo, culleres, globos, papeis, pedras, vasos…todo era válido para dar corpo a composición musical final.
Unha simpática e agradecida aperta para o grupo.
Para todos/as vós que non estivéchedes, animádevos a participar.
Últimas prazas 11, 12 e 13 e 18, 19 e 20 de maio
URL da información Comentarios fechados