Arquivo de Novembro, 2006

Coa entrada do Outono en As Corcerizas chegaron tamén novas actividades

As cores do Outono en As Corcerizas invitan á reflexión e ao descanso dun xeito especial. Tanto é así que a fin de semana de Musicoterapia, Ioga e Relaxación resultou todo un éxito.

Obradoiro de Ioga

A alta calidade das actividades, dirixidas por grandes profesionais, a práctica delas en estancias saudables de construción sostible, a alimentación biolóxica e ademáis moi rica! e o sol que sempre nos acompañou, fixeron realidade a oportunidade de desconexión que todos buscabamos para esta fin de semana na Serra. Pero non vos preocupedes si non puidestes asistir, que para a primaveira voltaremos con novas propostas!

Pero tamén neste mes de Outubro se achegaron ata As Corcerizas varias familias pertencentes ao Clube Ciclista de Maceda, onde os pequenos disfrutaron xogando e aprendendo cousas novas á vez que os maiores coñecían as instalacións e o seu funcionamento.

Clube Ciclista de Maceda

E non foron os únicos, o Centro de Estudios Áuria, de Ourense, trouxo aos seus alumnos do Curso de Monitores de Educación Ambiental. Puideron comprobar por eles mesmos a través do coñecemento do Centro e as explicacións como se afronta no día a día a aplicación dun proxecto educativo como é o de As Corcerizas.

     Comentarios fechados