Arquivo de Novas sobre Actividades

Campamentos de Verán 2007

Campamentos 2007Achégase o verán e, un ano máis, Amigos da Terra acollerá a ducias de rapaces e rapazas de diferentes pontos de Galicia, para participar nos campamentos ambientais que ao longo dos meses de Xuño, Xullo e agosto se organizan en As Corcerizas.

Ler máis…

     Comentarios fechados

Ven voar connosco en parapente e aprender a manexar papaventos

O próximo 3 de Xuño comezan en As Corcerizas as xornadas adicadas ao vo en parapente e a iniciación aos papaventos. A emoción está servida, apuntate e ven disfrutar  connosco.

Parapente Bipraza

Podes consultar a información completa no apartado:
ACTiViDADES 2006-2007
[Parapente e Papaventos]

     Comments (3)

Camiñando ao Son das Montañas Galegas

A pasada fin de semana púñase en marcha nas Corcerizas o programa de visitas guiadas de fin de semana Camiñando ao son das montañas galegas.

A chegada ao anoitecer logo da viaxe, para algúns máis rota de aventura que viaxe, foi seguida dunha estupenda cea ecolóxica e unha reconfortante noite no albergue.

Os alimentos procedentes da agricultura ecolóxica, os edificios saudables e un entorno lonxe da contaminación das urbes, recargáronnos de enerxía para afrontar con alegría e ilusión a rota que, atravesando á Serra de San Mamede, nos levou ata do Bidueiral de Montederramo.

Naturalmente Galiza

O rexurdir da primaveira, sempre máis tardía na alta montaña, o interese e curiosidade do grupo, e o singular do entorno, foron un constante aliciente durante a rota que rematou nos arredores do mosteiro de Montederramo.

Naturalmente Galiza

As/os participantes sempre o tiveron claro: mellor un futuro prometedor que o pasado coñecido; non si?

E chegou o domingo… espectantes ante a actividade de música e medio ambiente que Nacho (Conservatorio de Música Folque e tradicional de Lalín) nos tiña preparada, puxémonos en acción na busca de elementos do entorno cos que xerar algún tipo de son… ou ruido.

Naturalmente Galiza

Txalaparta con caixas niño e troncos, flautas con botellas, composteiro convertido en baixo, culleres, globos, papeis, pedras, vasos…todo era válido para dar corpo a composición musical final.

Naturalmente Galiza

Unha simpática e agradecida aperta para o grupo.

[Fotografías da Actividade]

Para todos/as vós que non estivéchedes, animádevos a participar.

Últimas prazas 11, 12 e 13 e 18, 19 e 20 de maio

     Comentarios fechados

Naturalmente Galiza :: Camiñando ao son das montañas

Dentro do programa de visitas guiadas de fin de semana “Naturalmente Galiza”, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, Amigos da Terra desenvolverá durante os meses de abril e maio o programa:

Camiñando ao son das montañas galegas.

Cumios orquestrados polo vento, camiños atravesando da serra, casas sostibles… Olla, goza, escoita, compón e coñece os cantos da natureza, dende ela ou por ela.

Bidueiral Montederramo

As actividades inclúen un roteiro polo Macizo Central Ourensán, adentrándose no “Bidueiral de Montederramo” (Rede Natura 2000), a visita interpretativa polas instalacións e estancia no singular Centro de As Corcerizas, e obradoiros de música e medio ambiente.

Para a realización dos obradoiros de música, contaremos coa colaboración do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín

Para máis información consulta o Programa: Naturalmente Galiza. Apertura do prazo de inscrición o 4 de abril. Prazas limitadas!

     Comentarios fechados

Amigos da Terra comeza os campamentos de verán en As Corcerizas

Coa chegada do verán comezan os campamentos enmarcados dentro do proxecto Xornadas e Campamentos sobre Enerxías Renovables, financiado por Caja Madrid.
Nesta ocasión O IES Illa Saron de Lugo, pasou uns días en plena natureza e nun ambiente alternativo con enerxías renovables onde comprobaron por eles mesmos o seu funcionamento.

caixa-madrid-paisaxe.jpg

Os rapaces poideron, durante cinco días desfrutar do entorno natural da Serra de San Mamede e divertirse coas actividades que en As Corcerizas lles agardaban

caixa-madrid-arbore.jpg

E despois de moita actividade …mmmm …a xantar!!

caixa-madrid-comedor.jpg

Sempre hai tempo para aprender a artesanía do lugar e facerse expertos cesteiros

caixa-madrid-cesteria.jpg

Agardamos que volo pasárades ben! Ata o verán que vén!

     Comentarios fechados

Páxina anterior »