Campamentos de Verán 2007

Campamentos 2007Achégase o verán e, un ano máis, Amigos da Terra acollerá a ducias de rapaces e rapazas de diferentes pontos de Galicia, para participar nos campamentos ambientais que ao longo dos meses de Xuño, Xullo e agosto se organizan en As Corcerizas.


Centro educativo Isidro Parga
Do 25 ao 29 de xuño, alumnos/as do CEIP Isidro Parga (A Coruña), animados/as pola boa experiencia de anos pasados dos/as seus/súas compañeiros/as, pasarán os últimos días do curso na Serra de San Mamede. Un sitio excepcional para disfrutar e enriquecerse de experiencias que os/as manterán unidos/as ata o seu próximo encontro.

Campamentos do Concello de Santiago
Dentro da programación de verán do Concello de Santiago de Compostela, Amigos da Terra organiza dous campamentos de 10 días ao longo do mes de xullo.
Rotas pola montaña, obradoiros ambientais, deportes alternativos, xogos e veladas nocturnas, serán algunhas das actividades mediante as que a equipa acadará os obxectivos marcados para esta campaña.

A 1ª quenda (do 2 ao 11 de xullo) acollerá a nenos/as de 8 a 9 anos; a 2ª quenda (do 14 ao 23 de xullo) queda reservada para rapaces/zas de 10 a 13 anos

Máis información en Campamentos de verán 2007

Campamentos do Concello de Pontevedra
Amigos da Terra conta cunha equipa con ampla experiencia e cualificación que a capacita para levar a cabo campamentos ambientais de alta calidade, onde os/as participantes adquirirán coñecementos e actitudes de xeito informal, que os/as capacitarán para vivir en coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

A 1ª quenda (do 26 de xullo ao 4 de agosto) acollerá a nenos/as de 9 a 11 anos; a 2ª quenda (do 21 ao 30 de agosto) queda reservada para rapaces/zas de 12 a 14 anos

Máis información en Campamentos de verán 2007

Os comentarios están fechados.