Arquivo de Decembro, 2006

Xornadas sobre Recuperación e Promoción turística das rutas medioambientais e paraxes naturais

A Unión de profesionáis traballadores autónomos de Galicia conta con Amigos da Terra para o desenvolvemento das xornadas sobre Recuperación e Promoción turística das rutas medioambientais e paraxes naturais. Se trata dunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Fundación Biodiversidade, no marco dos Programas Operativos de “Iniciativa Empresarial e Formación Continua” 2000-2006.

A xornada terá lugar o día 16 de Decembro en Monterroso, a partir das 16:00h. Nela trataremos a viabilidade do desenvolvemento do sector turismo dun xeito máis sustentable, as alternativas das que dispoñemos e o xeito de acadalas coa exposición que Amigos da Terra fará desde a súa experiencia. A xestión que se leva a cabo en  As Corcerizas é un claro exemplo de turismo ecolóxico sin perder a calidade que todos demandamos, ademáis do caso concreto do proxecto levado a cabo na serra de San Mamede de Revalorización e Recuperación de rutas para o desenvolvemento do rural.

A participación é gratuíta e está dirixida a traballadores activos de PYMEs e profesionáis autónomos relacionados co sector medioambiental que desenvolvan a súa actividade en Galicia e Castela e León.

     Comentarios fechados

Actividades en Novembro 2006

Na primeira fin de semana As Corcerizas exerceu de escola de Educación Ambiental para un grupo das Xuventudes Socialistas de Galicia, na que, ademáis de coñecer as instalacións, tamén exploraron o entorno cun roteiro interpretativo ambiental e etnográfico pola serra. Durante os tres días de actividades se trataron temas como a problemática dos lumes en Galicia, ou a importancia que ten que todos aprendamos a consumir responsablemente, incorporemos cada vez máis á nosa cesta da compra productos de comercio xusto, e valoremos a importancia dunha alimentación saudable.

xuventudes socialistas medio ambiente

A seguinte fin de semana estivo máis adicada á ciencia e a conservación, coa participación dun grupo de xente,que atraída pola celebración da Semana da Ciencia en Galicia, disfrutou da práctica dun anelamento científico de aves dirixido por aneladores profesionáis e varios colaboradores da Sociedade Galega de Historia Natural.

semana da ciencia 2006

Tamén os colexios unitarios de Vilar de Barrio, Baños de Molgas e Sarreaus se achegaron para participar dunhas xornadas de coñecemento e revalorización do entorno á vez de reforzar a cooperatividade e a interrelación coa poboación máis próxima. Cunha perspectiva educativa á vez que lúdica, os/as escolares puideron asimilar novos coñecementos e habilidades.

escolares_baños de molgas

Outra temática que tratamos en As Corcerizas durante este mes foi a problemática da Xestión de residuos en Galicia. Un grupo de persoas do Concello de Piñor comprobou in situ a viabilidade dunha xestión alternativa de residuos sólidos e das augas residuais, seguindo o exemplo que se leva a cabo no Centro. A actividade, dirixida pola responsable de residuos de Amigos da Terra, resultou unha experiencia enriquecedora gracias ás numerosas aportacións e ao interese mostrado pola xente; e tamén práctica, coa elaboración dun vermicomposteiro doméstico.

concello pinhor

     Comentarios fechados