Curso de Especialización á Interpretación do Patrimonio

Guía-intérprete de espazos naturais

28, 29 e 30 de Novembro 2008

“A interpretación do patrimonio é o arte de revelar in situ o significado do legado natural, cultural ou histórico ao público que visita eses lugares no seu tempo de lecer” (AIP Asociación para a Interpretación do Patrimonio).

Entendendo a IP como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio. É polo tanto un proceso de comunicación que pretende revelar significados e inspirar ao público, por un conrtacto directo co recurso ou por medios ilustrativos, non limitándose a unha mera información dos feitos.

O obxectivo do curso consiste en dotar aos/ás participantes das principais técnicas e metodoloxías desta estratexia de comunicación para planificar, deseñar, desenvolver e avaliar actividades guiadas ou de contacto co público. Para logralo aplicaremos de xeito práctico os contidos á realidade.

Contidos do curso:

Destinatarios/as:

Inscrición:

Información e Inscricións:

988 374 318

info@ascorcerizas.com
Ficha de inscrición: Formato Word | Formato OpenOffice | Formato PDF

Organiza: Amigos da Terra

Imparten:

Antón Lois, Cooperativa Teixugo
Diego Vázquez, Cooperativa Platalea
Expertos en Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio

Financia:

Consellerí­a Medio Ambiente