Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Programa 2009
A Asociación Amigos da Terra convídavos a participar no Programa Escolar de Educación Ambiental Sentir, Coñecer, Actuar.
Sinte o teu entorno multisensorial
Coñece os seus beneficios e as repercusións das nosas actuacións
Actúa de xeito cooperativo para a súa conservación
O programa estará en funcionamento ata Xuño, ofertándose actividades dun día de duración (entre luns e venres), para Centros escolares de toda Galicia.
Horario: chegada ao Centro ás 11:00h; saída ás 17:00h
Nº de participantes por xornada: 40
Xantar e transporte por conta dos/as participantes
Propostas de diferentes xornadas temáticas (a elexir polo Centro):
- Unha Aposta contra o Cambio Climático
- A Serra de San Mamede, entorno natural e cultural
- Medio Ambiente e Cooperación ao Desenvolvemento
- Programa para escolas rurais unitarias: O valor dos nosos recursos
Obxectivos didácticos das xornadas
- Descubrir, coñecer e comprender as interacións entre humanidade e medio baseadas nos principios de sostibilidade.
- Chegar a tomar conciencia da importancia do medio ambiente nas vidas cotiás e valorar a transcendencia da mellora do entorno para mellorar a calidade de vida.
- Observar distintas formas de relacións e aproveitamento dos recursos naturais.
- Sensibilizarnos de xeito comprometido.
Ficha de inscrición: Formato open office / word / pdf