Campamentos de Verán 2007

Ofrece unha boa alternativa e verás cambiar o mundo
O proxecto educativo que desenvolve Amigos da Terra en As Corcerizas, é unha aposta seria e contrastada por unha Educación Ambiental de calidade, comprometida, crítica, activa, participativa, aberta e plural, non soamente en base a aportar información senón tamén, e sobre todo, a proporcionar experiencias directas e persoais que impliquen aos e ás participantes na problemática ambiental e que se traduzan en comportamentos e actitudes responsables para ser parte da súa solución, na busca dunha sociedade baseada nos principios da sostibilidade.

Este proxecto preséntase como unha aposta, única en Galicia, por ser un equipamento de Educación Ambiental vangardista na procura práctica e tanxible dunha nova cultura da sostibilidade na relación da humanidade co seu contorno. Dende a mesma coherencia ambiental na concepción do equipamento até a proposta das actividades educativas que nel se desenvolven, amósase un compromiso firme por facer realidade as máis avanzadas recomendacións das novas liñas metodolóxicas da intervención educativa.

Campamentos de Verán 2007

OBXECTIVOS
Os obxectivos e metodoloxía de Amigos da Terra teñen como referencia á Estratexia Galega de Educación Ambiental, e axústanse ás recomendacións da Carta de Calidade dos Equipamentos de Educación Ambiental.

Ao longo do Campamento, desenvolveranse as actividades de achegamento á natureza cun dobre carácter: de serio compromiso ético e cunha metodoloxía lúdica e motivadora; proporcionando unha educación e información de calidade, veraz e adecuada ao grupo.

Os obxectivos, presentes no desenvolvemento de todas as actividades, son:

EQUIPO TÉCNICO
Amigos da Terra conta cun equipo con ampla experiencia e cualificación. A súa longa traxectoria en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante un campamento de alta calidade; onde os/as participantes adquirirán coñecementos e actitudes de xeito informal, que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

Tomando como referencia o Decreto 50/2000, as nosas actividades desenvolveranse cun ratio de 1 monitor/a por cada 10-12 participantes, un/unha director/a e, un/unha socorrista titulado/a cando a actividade o requira. Cumprindo coas esixencias legais o equipo educativo está constituído por persoal titulado, acreditando formación en materia de medio ambiente, educación e ocio e tempo libre; contando cunha ampla experiencia en campamentos, campos de traballo, actividades extraescolares, educación ambiental, etc.

ALIMENTACIÓN
Seguindo a política de sostibilidade que caracteriza ao Centro, as comidas serán preparadas, na medida do posible, con alimentos procedentes da agricultura ecolóxica local e comercio xusto. Deste xeito, a parte de servir coma exemplo e demostración de viabilidade, favorecerase o desenvolvemento das pequenas explotacións da zona. Será por tanto, tal e coma temos comprobado en anteriores campamentos, a mellor ferramenta para sensibilizar e concienciar da necesidade de cambiar os nosos hábitos alimenticios para o ben da nosa saúde, o medio ambiente e a prosperidade do rural galego.

Documentos: