Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio
Obxectivos:
“A interpretación do patrimonio é o arte de revelar in situ o significado do legado natural, cultural ou histórico ó público que visita eses lugares no seu tempo de lecer” (AIP Asociación para a Interpretación do Patrimonio).
Entendendo a IP como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ó público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio.
Pero a IP non implica a simple divulgación; tamén representa unha eficaz ferramenta de xestión e un instrumento de valor engadido para a conservación.
O obxectivo do curso consiste en proporcionar ós e ás participantes unha visión básica das técnicas e metodoloxías diversas de entre o amplo abano de procesos que abrangue esta estratexia de comunicación.
Como en todo sistema dinámico de comunicación, a interpretar apréndese interpretando, polo que practicaremos secuencialmente a aplicación de cada unha das distintas técnicas e recursos interpretativos no contorno inmediato.
Programa:
Fundamentos da Interpretación do Patrimonio:
- A IP, a EA e a Didáctica das ciencias.
- Fundamentos da IP: Cómo e por qué funciona.
- A elaboración da mensaxe Interpretativa.
- Prácticas.
Medios:
- Itinerarios e uso público.
- Itinerarios autoguiados e guiados: Deseño.
- Prácticas de deseño de mensaxes para itinerarios.
- O/A guía, funcións e habilidades.
- Prácticas de guiado de grupos.
- Exposicións.
- Prácticas de deseño de exposicións.
Outros Medios:
- Folletos, webs, etc.: Introdución.
Planificación Interpretativa:
- Planificación, uso público, conflictos, apoio á xestión, avaliación: Introdución.
Destinatarios/as:
- Educadores/as ambientais.
- Guías de turismo.
- Axentes de desenvolvemento local.
- Persoas interesadas nos obxectivos do curso.
Inscrición:
- Nº de prazas: 30
- Inclúe: matrícula, aloxamento e manutención.
- Prezo: 65 € por persoa (55 € socios/as Amigos da Terra).
- Ingreso na conta:Caixa Galicia 2091/0450/41/3040043331
Lugar e Horarios:
- Centro de Educación Ambiental – Albergue As Corcerizas. Serra de San Mamede – Arnuide. Vilar de Barrio (Ourense)
- 27 e 28 de Outubro de 2007.
- De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
Información e Inscricións:
988 374 318
info@ascorcerizas.com
Tríptico Curso de Interpretación: Formato Word | Formato PDF
Ficha de inscrición: Formato Word | Formato PDF
Actividade subvencionada por:
