Campamentos de verán 2005
información resumida | información ampliada
|
||||||||||
AVENTURA ECOLÓXICA:
centro de educación ambiental “AS CORCERIZAS”O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” atópase na Serra de San Mamede, no Concello de Vilar de Barrio (Ourense). Conta cunhas instalacións únicas en Galicia, por ser un equipamento de Educación Ambiental vangardista na procura práctica e tanxible dunha nova cultura da sostibilidade na relación da humanidade co seu entorno.Na actualidade, está xestionado pola asociación “Amigos da Terra” que é unha entidade xuvenil que ten como obxectivo principal o estudo e defensa do medio ambiente e que está profundamente vencellada a Amigos de la Tierra Internacional (Friends of the Earth International) da que forma parte activa. “As Corcerizas” está concibido dende a súa planificación, construción e uso cunha óptica de Desenvolvemento Sostibel. Utiliza técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática, cubrindo as súas propias necesidades enerxéticas a partir de fontes de enerxías renovábeis (solar térmica, solar fotovoltaica, eólica, microhidráulica e biomasa). Poñemos a súa disposición unha ampla oferta de actividades coas que os participantes poderán coñecer vivencialmente o funcionamento das enerxías do futuro, descubrir como se obtiña carbón e xeo en épocas pasadas, que estrelas iluminan os camiños pola noite, roteiros a pe, excursións ao río e pobos abandonados, pernoctas ao aire libre, obradoiros de bioconstrución… e, como non, xogos e veladas nocturnas que farán inolvidable a súa estancia. |
||||||||||
O orzamento para 8 días, a modo de pensión completa, para 40 participantes é de: Para grupos de menor número, consultar prezos. O prezo inclúe:
• Aloxamento. • Persoal técnico. Monitores. Ratio: 1 monitor/10 participantes • Programación diaria atendendo ás necesidades e intereses do grupo. • Gastos de programación e xestión. • Auga quente. • Material para a realización das actividades. • Uso e desfrute das instalacións. • Seguro de Responsabilidade Civil. NOTA: Os participantes terán que traer saco de durmir, traxe de baño, toalla e chanclas.
|