Arquivo de Novembro, 2007

Visita do I.E.S Cidade de Antioquía

O día 10 de Novembro, os/as profesores/as do I.E.S. Cidade de Antioquia, de Xinzo de Limia, organizaron unha visita ao Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas xunto con outros/as profesores/as de Alemania, Finlandia e Francia.

IES de Antioquia

Actualmente, os centros educativos aos que representan atópanse integrados nun proxecto europeo orientado ao intercambio de experiencias entorno ás enerxías renovables; polo que a visita a As Corcerizas foi unha oportunidade excepcional para coñecer un proxecto galego vangardista neste eido.

     Comentarios fechados

I Xornadas de Iniciación á Micoloxía e Boas Prácticas no Monte

A fin de semana do 24 e 25 de novembro, celebramos as “I Xornadas de Iniciación á Micoloxía e Boas Prácticas no Monte”, .

xornadas micolóxicas

Contamos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, especialista na materia e presidente da Asociación Os Cogordos, quen nos axudou a recoñecer aos fungos; dende os comestibles ata os tóxicos, e incluso velenosos. Aproveitando a saída, fíxonos ver a importancia das boas prácticas no monte á hora da recolección, e a súa relación coa conservación dos seus hábitats.

A pesar de que as condicións deste outono non fosen as máis favorables para os fungos, animámonos a saír polo monte; e para a nosa sorpresa, atopámonos con máis cantidade de fungos dos que creíamos.

xornada_cociña_cogumelos

Para rematar as xornadas, realizamos un obradoiro de cociña, onde fíxemos unha exquisita sopa de bambú e setas con fideos de arroz, e uns marabillosos macarróns con níscalos, que nos deixaron a todos/as co buche cheo!!

Podedes ver e descargar as fotos da fin de semana premendo aqui

     Comentarios fechados

Rota do Bidueiral co Clube Deportivo de Fontiñas

O domingo 18 de novembro, tivemos nas Corcerizas a visita dun grupo de corenta senderistas santiagueses do Clube Deportivo de Fontiñas.

Acostumados ás andainas no monte galego, viñeron con moitas ganas de descubrir a Serra San Mamede e o Bidueiral de Montederramo.

Rota do Bidueiral Fontiñas

Despois da subida ata o alto de San Mamede, onde xantamos, introducímonos nun novo roteiro cara o Bidueiral de Montederramo. Pola baixada cara ao bosque, gozamos dunha paisaxe encantadora…

O vento deste día outonal animou ás damas brancas (bidueiros) a saír, vestidas con cores estupendas, variando do violeta ao amarelo, pasando polo vermello e laranxa, acompañáronnos ao longo do noso paseo.

Rota do Bidueiral Fontiñas

A senda polo interior do Bidueiral permitiunos velo dende dentro, dende cerca, dende lonxe, tocalo, ulilo…

Rota do Biduerial Fontiñas

Realmente estaban actuando connosco. Foi un espectáculo grandioso que encantou a toda a xente.

Podedes consultar as fotos do roteiro na galería fotográfica da web de Amigos da Terra.

     Comentarios fechados

Xornadas de Micoloxía en San Mamede

Os días 24 e 25 de novembro, terá lugar no Centro de As Corcerizas, as I XORNADAS deINICIACIÓN Á MICOLÓXIA E BOAS PRÁCTICAS NO MONTE”.

Organizadas por AMIGOS DA TERRA en colaboración con Juan José Martínez Álvarez, profesional da materia e presidente da Asociación Micolóxica Os Cogordos, esta xornada, subvencionada polo Departamento de Medio ambiente do Concello de Ourense, vai dirixida a todas aquelas persoas que estean interesadas en achegarse ao mundo da micoloxía.

Cogumelos

Saídas á serra polos arredores das instalacións, recollida e identificación dos cogomelos, obradoiro de cociña…, será unha agradable fin de semana, anímate!!

Información e reservas:
988 374 318
info@ascorcerizas.com

Persoa de contacto: Rebeca

INFORMACIÓN AMPLIADA DA XORNADA

     Comentarios fechados