Programa xeral de actividades ofertadas

A SERRA DE SAN MAMEDE ÁBRESE ANTE TI
Descubre a tranquilidade dos seus arredores e os agrestes cumios embelecidos polo paso do tempo.

PLAN DE ACTIVIDADES PARA GRUPOS CONCERTADOS E ESCOLARES
Poñemos á vosa disposición unha ampla oferta de actividades coas que, atendendo ás vosas preferencias, poderemos confeccionar un programa específico:

CURSOS, XORNADAS, SEMINARIOS, PROGRAMAS DE FORMACIÓN, ENCONTROS…
(Realización propia e concertada)

Algunhas das temáticas tratadas nas actividades formativas desenvolvidas no Centro son:

• Agrogandeiría e silvicultura ecolóxica
• Tránsxénicos
• Bioconstrución
• Enerxías renovábeis
• Cambio climático
• Compostaxe
• Educación ambiental
• Cooperación ao desenvolvemento
• Maratón fotográfica
• Residuos
• Ornitoloxía
• …

A nosa experiencia abálanos:
Entre os nosos clientes e colaboradores están distintas Administracións Públicas como: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior; Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Concello de Vilar de Barrio; Concello Maceda; Concello de Ourense; Casa da Xuventude de Ourense; Universidade de Santiago de Compostela; Universidade de Vigo; Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Tamén colaboramos con diferentes Entidades Privadas como Fundación Paideia; Coperactiva; Fundación Galicia verde; Altega; Asociación para o desenvolvemento rural sostible “Grelo Verde – Biocoop”; Asociación de Labregos da Cooperativa “Daiqui”.