Curso de iniciación á Compostaxe 2005

Amigos da Terra organiza un novo curso no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, que nesta ocasión abordará o tema da compostaxe.
Falarase detalladamente dos procesos necesarios para face-lo compost e das variadas técnicas e tipos que podemos atopar, non só de forma teórica senón tamén mediante a realización de distintos obradoiros.
Asemade, empresarios e técnicos do sector contarán a súa experiencia ca compostaxe e das posibilidades que ésta ofrece nos actuais sistemas de xestión de residuos.

Duración do curso: 40 horas

Datas: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro

Lugar: Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” (www.ascorcerizas.com), Serra de San Mamede. Concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Data límite de inscrición: 23 de setembro

Número de prazas limitadas. A realización do curso está condicionada a un nº mínimo de 20 persoas que formalicen a inscrición no mesmo.

Aquelas persoas que asistan como mínimo ao 70% das horas do curso, recibirán un certificado/diploma de asistencia recoñecido pola Xunta de Galicia.

O curso é de balde para os asistentes (non se inclúe desprazamento, aloxamento nin manutención).
O Centro ofrece aloxamento e comida a un prezo de 100 euros, o que inclúe 4 noites, 4 almorzos, 4 xantares e 4 ceas.

Máis información e inscricións en:
Amigos da Terra Galicia
R/ Curros Enríquez 19, 1º interior
Teléfono: 988 374 318
Fax: 988 511 020
www.amigosdaterra.net
Persoa de contacto: Raquel: r.fernandez@centroiris.org


Documentación do curso: Iniciación á COMPOSTAXE 2005
Fotografías do curso: Iniciación á COMPOSTAXE 2005