Interpretación do Patrimonio. Curso de Especialización en Guía-intérprete
Un ano máis, Amigos da Terra aposta pola formación de profesionais en Interpretación do Patrimonio. O 28, 29 e 30 de novembro celabrarase en As Corcerizas o curso de especialización Guía-intérprete de espazos naturais.
Despois do éxito do curso de iniciación impartido o pasado outono, ábrese a oportunidade de continuar coa especialización no coñecemento de técnicas e metodoloxías para planificar, deseñar, desenvolver e avaliar actividades guiadas ou de contacto co público. Para logralo aplicaremos de xeito práctico os contidos tratados durante a fin de semana.
Imparten: Antón Lois (Cooperativa Teixugo) e Diego Vázquez (Cooperativa Platalea), profesionais de recoñecida experiencia en Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio.
Información e reservas: 988 374 318 / info@ascorcerizas.com