Interpretación do Patrimonio. Curso de Especialización en Guía-intérprete
Un ano máis, Amigos da Terra aposta pola formación de profesionais en Interpretación do Patrimonio. O 28, 29 e 30 de novembro celabrarase en As Corcerizas o curso de especialización Guía-intérprete de espazos naturais.
Despois do éxito do curso de iniciación impartido o pasado outono, ábrese a oportunidade de continuar coa especialización no coñecemento de técnicas e metodoloxías para planificar, deseñar, desenvolver e avaliar actividades guiadas ou de contacto co público. Para logralo aplicaremos de xeito práctico os contidos tratados durante a fin de semana.
Imparten: Antón Lois (Cooperativa Teixugo) e Diego Vázquez (Cooperativa Platalea), profesionais de recoñecida experiencia en Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio.
Información e reservas: 988 374 318 / info@ascorcerizas.com
Peque comenta:
Outubro 27, 2008 @ 3:29 p.m.
Hola,
estou interesada en facer o curso de Guia-interprete de espazos naturais que se vai facer en novembro de 2009. O “problema” e q non teño como chegar ata ali e como pon nun apartado q igual alguen pode compartir o coche, pois era para saber si algúen sae dende Pontevedra ou os arredores… Espero poder asistir, así q espero noticias.
Gracias por adelantado.
Peque
Peque comenta:
Outubro 27, 2008 @ 3:33 p.m.
Hola,
estoy interesada en hacer el curso de guia interprete que se va a celebrar en noviembre. No tengo coche, asi q como dais la possibilidad de q alguien pueda compartir coche, puese me fustaria saber si va a asisitir alguien de pontevedra ciudad o alrededores. Espero noticias,
Gracias por anticipado
As Corcerizas (Paula) comenta:
Outubro 30, 2008 @ 10:28 a.m.
Ola,
non vas a ter problema para chegar. Penso que xa se está anotando xente de Pontevedra e si non ata Ourense hai transporte público. Desde Ourense, si hai xente suficiente interesada, pensamos en poñer un bus ata As Corcerizas, si non seguro que terás con quen subir á serra. Cando teñamos o listado definitivo nos poñeremos en contacto coa xente para organizar este tema.
Saúdos.
Sofía comenta:
Outubro 31, 2008 @ 2:50 p.m.
Ola!
Quisiera saber si aún quedan plazas para realizar el curso. Yo tendría que ir desde Vigo y tampoco dispongo de coche.
Gracias y saludos
Sofía
As Corcerizas (Paula) comenta:
Novembro 19, 2008 @ 10:07 a.m.
Ola Sofía xa non quedan prazas, de todas formas manda a túa ficha por si alguén se dirá de baixa, e xa te avisaríamos. Grazas.
Un saúdo.