Arquivo de Xaneiro, 2007

Xornada técnica sobre depuración alternativa de augas: FMF

O vindeiro 8 de Febreiro terá lugar no Pazo de Fontefiz (Ourense), a “I Xornada técnica sobre depuración de auga con Filtros de Macrofitas en Flotación” (FMF)

Con esta xornada preténdese presentar este innovador sistema de depuración como alternativa á complexa xestión das augas residuais en Galicia.

macrophytes

Ao longo da mañá, ademáis falar do funcionamento e da produción de macrofitas, reflexionarase sobre a implantación da fitodepuración en Portugal, e Amigos da Terra presentará a súa experiencia educativa na implantación do FMF en As Corcerizas.

Programa: Programa das Xornadas


     Comentarios fechados

…e por fin chegou

A Serra de San Mamede non é allea as desenfrenadas repercusións do cambio climático, rexistrando o pasado mes de decembro temperaturas máis propias da primaveira que de finais de ano.

É evidente que o medio natural estase a resentir destes cambios e, mesmo os/as propioas poboadores/as, botan en falta ese frio branco e seco que deixaban, non fai tanto anos, as intensas nevadas.

neve en as corcerizas

A ola e frío que atravesa Galicia nestes días, deixou tras de si esta esperada paisaxe invernal en As Corcerizas.

     Comentarios fechados

Chega a derradeira Xornada sobre Recuperación e Promoción de Rutas Medio Ambientais e Paraxes Naturais

O sábado 27 de Xaneiro se celebrará a derradeira xornada sobre Recuperación e Promoción Turística de Rutas Medio Ambientais e Paraxes Naturais. Para todos aqueles interesados, terá lugar na Casa de Cultura de Vilardevós, Ourense, a partir das 9 da mañá.

O pasado sábado tivo lugar en Piñor de Cea, onde o público se interesou e descubriu o ecoturismo como unha opción sostible para o desenvolvemento do pobo.

charla ecoturismo

Amigos da Terra e Upta vos anima a que participedes nesta xornada gratuíta, dirixida a traballadores activos de PYMEs e profesionais autónomos relacionados co sector medio ambiental.

     Comentarios fechados

As macrofitas seguen triunfando en Europa

O innovador sistema de tratamento de augas FMF, instalado no campo de traballo de agosto en As Corcerizas, foi seleccionado como “buen ejemplo de gestión del agua“, polos responsables en Galicia do Proxecto Enmar.

macrofitas
ENMaR (European Network of Municipalities and Rivers) é un proxecto Interreg IIIC, co que se pretende mostrar as diferencias, similitudes, problemas e oportunidades na implementación da Directiva Marco das Augas a nivel local en varias rexións europeas.
A rede creada permitirá a estas rexións o intercambio de coñecementos e experiencias.

Dentro do proxecto está contemplada a edición dunha Guía de bos exemplos na xestión da auga, na que se compilarán diferentes experiencias relevantes e sostibles.
Para a elaboración desta guía contarase coa colaboración de 7 socios de 4 países (Alemania, Suecia, Inglaterra y Letonia)

     Comentarios fechados