Campamentos de Verán 2006

Campamentos de Verán 2006


O CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “AS CORCERIZAS”
atópase na Serra de San Mamede, no Concello de Vilar de Barrio (Ourense). Conta cunhas instalacións únicas en Galicia, por ser un equipamento de Educación Ambiental vangardista na procura práctica e tanxible dunha nova cultura da sostibilidade na relación da humanidade co seu entorno.

Na actualidade, está xestionado pola asociación “Amigos da Terra” que é unha entidade xuvenil que ten como obxectivo principal o estudo e defensa do medio ambiente e que está profundamente vencellada a Amigos de la Tierra Internacional (Friends of the Earth International) da que forma parte activa.

“As Corcerizas” está concebido dende a súa planificación, construción e uso, cunha óptica de Desenvolvemento Sostibel. Utiliza técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática, cubrindo as súas propias necesidades enerxéticas a partir de fontes de enerxías renovábeis (solar térmica, solar fotovoltaica, eólica, microhidráulica e biomasa).

Poñemos a vosa disposición unha ampla oferta de actividades coas que os participantes poderán coñecer vivencialmente o funcionamento das enerxías do futuro, descubrir como se obtiña carbón e xeo en épocas pasadas, que estrelas iluminan os camiños pola noite, roteiros a pe, excursións ao río e pobos abandonados, obradoiros de vermicompostaxe… e, como non, xogos e veladas nocturnas que farán inolvidable a súa estancia.


PARTICIPACIÓN

[Ampliar esta información]
[Ficha de inscrición]