Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
PROGRAMA 2006-2007
A Asociación Amigos da Terra e a Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convídavos a participar no Programa Escolar de Educación Ambiental Sentir, Coñecer, Actuar.
Sinte o teu entorno multisensorial
Coñece os seus beneficios e as repercusións das nosas actuacións
Actúa de xeito cooperativo para a súa conservación
O programa estará en funcionamento desde Marzo ata Xuño, ofertándose unha actividade semanal para Centros escolares da provincia de Ourense.
Horario: chegada ao Centro ás 11:00h; saída ás 17:00h
As prazas serán cubertas por Orde de Incrición
Xantar e transporte por conta dos/as participantes
Propostas de diferentes xornadas temáticas:
- Música e Medio Ambiente: A Música das Montañas Galegas
- Unha Aposta contra o Cambio Climático
- Roteiros Interpretativos Ambientais e Actividades Etnográficas
- Medio Ambiente e Cooperación ao Desenvolvemento
- Coñecemento Científico do Medio Natural para a súa Conservación
Reservas: 988 374 318
Contacto:
Analía Moares
Paula Vidal