Arquivo de Outubro, 2007

Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio

A fin de semana do 24-25 de outubro, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, celebrouse o I Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio, que acolleu a 20 participantes.

Contamos coa colaboración de Fernando Ramos, e Antón Lois e Susana Soto (Cooperativa Teixugo), que mediante diferentes dinámicas como son a realización de paneis interpretativos, estructuración, exposicións, prácticas de guiado de grupos, etc., mostráronnos novas técnicas e recursos interpretativos que nos serven na vida cotiá, e na nosa profesión.

curso_interpretacion

Todo esto, acompañado dunha soleada fin de semana, os cantares diante da chimenea, xantares ecolóxicos que deixaron a todo o mundo sorprendido, e como non, o maravilloso entorno natural da serra, formou un ambiente participativo e agradable entre os/as participantes.

Parabens aos/ás novos/as intérpretes e á organización

¡¡¡ Vémonos no de perfeccionamento !!!!!

     Comentarios fechados

Rastros e sinais da fauna :: Semana da ciencia 2007

se queres percibir o mundo vivo mediante os cincos sentidos,
se queres interpretar os indicios de presencia da fauna e descubrirla,
se queres coñecer a vida natural da Serra de San Mamede…

LOBO-pelos-alambrada-Somiedo.jpg
Autor da Fotografia:

Juan Ignacio Díaz da Silva

…ven a As Corcerizas o 11 de novembro e participa da actividade de Rastros e Sinais da Fauna, alí terás a oportunidade de aprender novos coñecementos e desenvolver as túas propias habilidades.

[Ampliar Información]

     Comments (5)