Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio

A fin de semana do 24-25 de outubro, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, celebrouse o I Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio, que acolleu a 20 participantes.

Contamos coa colaboración de Fernando Ramos, e Antón Lois e Susana Soto (Cooperativa Teixugo), que mediante diferentes dinámicas como son a realización de paneis interpretativos, estructuración, exposicións, prácticas de guiado de grupos, etc., mostráronnos novas técnicas e recursos interpretativos que nos serven na vida cotiá, e na nosa profesión.

curso_interpretacion

Todo esto, acompañado dunha soleada fin de semana, os cantares diante da chimenea, xantares ecolóxicos que deixaron a todo o mundo sorprendido, e como non, o maravilloso entorno natural da serra, formou un ambiente participativo e agradable entre os/as participantes.

Parabens aos/ás novos/as intérpretes e á organización

¡¡¡ Vémonos no de perfeccionamento !!!!!

Os comentarios están fechados.