Xornadas de Música e Medio Ambiente
A Música das Montañas Galegas
A expresión a través da música, o coñecemento de instrumentos e as mensaxes sonoras que nos fai chegar a natureza e que a miúdo pasan desapercibidas, faranse presentes nestas xornadas nas que ademáis de coñocementos, os participantes adquirirán novas actitudes, aptitudes e capacidades.
Sentir, coñecer e actuar
Con esta actividade propiciarase o achegamento multisensorial ao entorno inmediato das instalacións co obxectivo de favorecer o re-enraizamento dos participantes co entorno natural circundante e propiciar unha apropiación afectiva do mesmo.
Sensibilización e percepción da paisaxe sonora
A finalidade deste xogo é o desenvolvemento da percepcion global do medio a través do ouvido, un sentido tan desenvolto no humano coma saturado pola avalancha cotiá de sons… ou ruidos.
Obradoiros musicais
Cantos Gaia.
Ollando, disfrutando, escoitando, compoñendo e coñecendo cantos da natureza, dende ela ou por ela. E, coma non, sentindo e bailando os seus ritmos, a súa pulsación.Composición por ordenador.
Improvisación e composición de fraseos musicais, ambientes sonoros, con sons humanos e da natureza. Grabación dun cd “in situ”: Os laios da natureza do século XXI.
As actividades se levarán a cabo en colaboración co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín