Programa de Educación Ambiental para adultos/as

A CIENCIA COMO FERRAMENTA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
CLAVES PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

O progreso científico e tecnolóxico se sigue baseando no uso indiscriminado dos recursos, á vez que se denuncia a gravidade da situación ambiental. O coñecemento científico proporciona as bases necesarias para comprender as regras que se poden aplicar, pero un cambio no modelo actual só é posible coa capacitación para a acción, a través dun proceso de procesos no que todos e todas somos actores determinantes para atopar solucións perdurables.

071111_rastros-sinais.jpg

Educación, capacitación e investigación constitúe unha estratexia orientada á formación dunha nova cultura ambiental que incida en preferencias de consumo e patróns de convivencia.

A través de alternativas reais, exemplos de viabilidade que a sociedade sinta como factibles e cercanos, pódese mostrar que esta nova cultura de sustentabilidade é posible. E por isto que a xornada estará dividida en dúas fases, nas que se amosará cómo a ciencia e o desenvolvemento tecnolóxico poden ser compatibles coa supervivencia dos recursos naturais e cómo aplicar esta mesma resolución a un caso concreto de xestión sostible; e canalizando estos coñecementos como ferramentas de Educación Ambiental.

Obxectivos

Obxectivo xenérico

Proporcionar as claves para canalizar a base educativa dos/as participantes como unha ferramenta eficaz de Educación Ambiental, a través dun uso de recursos científicos orientado cara un desenvolvemento sustentable.

Obxectivos específicos

Estructuración da xornada

Primeira Fase: CONTEXTUALIZACIÓN E APLICACIÓN DA BASE TEÓRICA

O progreso científico como base para un desenvolvemento sustentable. Ferramentas de Educación Ambiental.

  1. Introdución teórica das temáticas a tratar durante a xornada.
  2. Coñecemento práctico da realidade das enerxías alternativas, bioconstrución e sistema de depuración biolóxica das augas residuais. A súa utilización como recursos científicos de Educación Ambiental.

Segunda Fase: POSTA EN PRÁCTICA E AVALIACIÓN

Experimentación científica para o análise do funcionamento do sistema de Compostaxe Doméstica Descentralizada como modo de xestión sostible de residuos.

A materia orgánica supón entre o 40-50% do peso dos residuos sólidos urbanos; a xeración ao ano supón varios millóns de toneladas, que, en moitas ocasións, acumúlanse nos vertedoiros ocasionando graves efectos ambientais e, ao mesmo tempo, malgastándose un recurso valioso susceptible de ser incorporado ao ciclo do consumo mediante a compostaxe.

A fracción compostable dos residuos é, con frecuencia, unha das máis contaminantes do fluxo de residuos urbanos, e a posta en marcha destes programas desvía estes residuos das rutas tradicionais de eliminación, como a incineración e os vertedoiros.

Ao ser unha das maiores fraccións dos residuos domésticos, a súa desviación dos vertedoiros e incineradoras pode contribuír sinificativamente a acadar os obxectivos locais de reciclaxe.

  1. Demostración da viabilidade e efectividade do sistema analizando a súa aplicación e o seu funcionamento: identificación dun proceso aerobio, medición de parámetros clave físicos e químicos (temperatura, humidade, nitratos, fosfatos, materia orgánica…), microorganismos implicados no proceso, condicións óptimas, análise dos resultados. Analizaranse 3 compost semellantes en diferentes fases de maduración.
  2. Demostración de cómo esta experimentación se pode convertir nun recurso educativo práctico e vivencial.
  3. Realización dun obradoiro cooperativo para o reforzo dos contidos.

Inscrición

O programa estará en funcionamento desde ata Xuño, dirixido a Centros de toda Galiza.

Horario: chegada ao Centro ás 11:00h; saída ás 17:00h
Destinatarios/as: ciclos formativos e universidades
Nº de participantes por xornada: 40

Xantar e transporte por conta dos/as participantes

Ficha de inscrición: Formato WORD / Formato PDF