Curso de Iniciación á Interpretación do Patrimonio
O vindeiro 27 e 28 de outubro, terá lugar no Centro de As Corcerizas, o curso de INICIACIÓN Á INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO organizado pola Cooperativa Teixugo e Amigos da Terra
Impartido por Antón Lois, Fernando Ramos e Susana Soto, profesionais de recoñecida experiencia, este curso preséntase coma unha ferramenta de alto valor para todas aquelas persoas que estean interesadas en achegarse ao mundo da interpretación.
Actividades prácticas, análise doutras experiencias e saidas á serra polos arredores das instalacións, completarán os contidos teóricos do curso.
Non deixes pasar esta oportunidade!!
Información e reservas:
988 374 318
info@ascorcerizas.com
URL da información Comentarios fechados