Xornada de Rastros e Sinais da Fauna

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, organiza dentro do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (IN.CI.TE), a sétima edición da Semana da Ciencia en Galicia no marco da Semana Europea da Ciencia e da Semana estatal.

Amigos da Terra participa un ano máis neste programa, cunha atractiva xornada sobre rastros e sinais da fauna.

cornamenta_cervo.jpg
Autor da Fotografia:

Juan Ignacio Díaz da Silva

Con esta actividade, darase a coñecer, de xeito práctico e coa axuda de fotografías de restos, pegadas e escenarios, a cantidade de indicios que deixan os animais, abrindo unha porta a todas aquelas persoas que desexen coñecer a natureza doutra forma distinta.

pegadas_NUTRIA.jpg
Autor da Fotografia:

Juan Ignacio Díaz da Silva

Para a realización da xornada, conteremos coa colaboración de Juan Ignacio Díaz da Silva, especialista na materia e coordinador do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural.

Programa da Xornada 11 de Novembro de 2007:

Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra, ofrece servizo de albergue o sábado pola noite co almorzo do domingo.

A Xornada de Rastros e Sinais é gratuita.

Para participar envía a ficha de inscrición a: info@ascorcerizas.com.

As prazas son limitadas!!

Ficha de inscrición: Formato Word | Formato PDF

[Fotografías da Actividade]