Arranxo das macrofitas en As Corcerizas

A semana pasada estivemos en As Corcerizas dándolle unha revisión ao sistema de depuración das augas residuais, que como xa moitos/as saberedes, faise mediante balsas con plantas acuáticas en flotación (as famosas macrofitas)

Carlos, técnico comercial da empresa Macrófitas, voltou a ofrecernos o apoio, a colaboración e o asesoramento da súa empresa. Ensinounos as últimas novidades técnicas e levounos plantas a fin de ampliar o rendimento da nosa depuradora. Esta visita fíxonos moita ilusión, xa que tras a nosa experiencia precursora, a Xunta de Galicia está levando outros dous proxectos galegos nas cercanías de As Corcerizas. Un lévase en Vilar das lebres mentres o outro ubícase no parque natural do Xurés en Salgueiro.

Posta ó día da depuradora de As Corcerizas :

1- Montar os aros
Iso consiste en poñer as plantas nunha cestiña a cal se engancha nun soporte que se ata sobre un tubo de rego en espiral.

Montar os aros

Este sistema ten a vantaxe de ser máis estable, de favorecer o crecemento das plantas retenendo a materia orgánica no interior da estrutura, adaptándose ás variacións de nivel das balsas.

2- Posta dos aros
Para conseguir un rendemento óptimo, a balsa ten que estar totalmente cubierta polas macrófitas e as plantas non poden estar hundidas.

Posta dos aros

Puxemos aros nos espazos libres da balsa, e tamén debaixo dalgunha zona de macrófitas hundidas a fin de que se apoien para rebrotar.

3- Estabilización das macrófitas

O rendemento de depuración varía según o estrés da planta, relacionado este coa estabilidade das plantas. Para favorecer o bo crecemento das plantas que se atopan no lateral da balsa, é boa idea conseguir o enraizamento das macrófitas sobre un sustrato

estabilizacion

Para iso vertemos area nos laterais da balsa, colocando algunhas macrofitas sobre ella. Agora haberá que esperar para ver como crecen.

Os comentarios están fechados.