Naturalmente Galiza :: Camiñando ao son das montañas

Dentro do programa de visitas guiadas de fin de semana “Naturalmente Galiza”, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, Amigos da Terra desenvolverá durante os meses de abril e maio o programa:

Camiñando ao son das montañas galegas.

Cumios orquestrados polo vento, camiños atravesando da serra, casas sostibles… Olla, goza, escoita, compón e coñece os cantos da natureza, dende ela ou por ela.

Bidueiral Montederramo

As actividades inclúen un roteiro polo Macizo Central Ourensán, adentrándose no “Bidueiral de Montederramo” (Rede Natura 2000), a visita interpretativa polas instalacións e estancia no singular Centro de As Corcerizas, e obradoiros de música e medio ambiente.

Para a realización dos obradoiros de música, contaremos coa colaboración do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín

Para máis información consulta o Programa: Naturalmente Galiza. Apertura do prazo de inscrición o 4 de abril. Prazas limitadas!

Os comentarios están fechados.