II XORNADAS DE MICOLOXÍA E BOAS PRÁCTICAS NO MONTE

O día 25 de outubro, Amigos da Terra dalle a benvida ao outono, presentando as “II Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte” e convidando a todas as persoas a participar nunha das actividades máis practicadas na nosa Galicia. Contaremos coa colaboración de Martín Souto Souto do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e experto en micoloxía.

091015_setilla.jpg

Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte para adquirir e afianzar, uns coñecementos básicos e necesarios para disfrutar dunha actividade saudable e evitar moitos perigos por intoxicacións que se producen habitualmente. Tamén nos servirá para recoñecer as setas e os fungos máis atractivos para a nosa gastronomía, e pasar un agradable e satisfatorio día.

curso-agricultura-058.jpg

O albergue de As Corcerizas estará dispoñible dende o día 24 de outubro para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar do encanto da serra antes da xornada micolóxica.

Programa:
Contidos das xornadas:
·    Información sobre fungos e boas prácticas no monte.
·    Recollida e recoñecemento por xénero, especie e hábitat, in situ.
·    Realización dunha ficha técnica.
·    Exposición dos fungos recollidos.

Non esquezades:
·    Guía de campo.
·    Navalla.
·    Cestiña ou caixa para levar os cogomelos.
·    Xantar.

Lugar e Horarios:
·    25 de outubro con inicio da xornada ás 11:00 da mañá.

Inscricións:
·    Nº de prazas: 30
·    Prezo da xornada micolóxica: 10 €

Concepto do ingreso: “ Xornadas de Micoloxía”

Ficha inscrición

2 Comments

  1. maria comenta:

    Outubro 22, 2009 @ 11:13 p.m.

    Mais ou menos ¿a qué hora tedes planeado que remate a xornada?
    ¿Ainda quedan plazas?
    ¿Pódese pagar no voso local?

    Saúdos

  2. Rebeca Carreiro comenta:

    Outubro 23, 2009 @ 10:14 a.m.

    Ola María!

    Ainda queda algunha praza así que se che interesa apúntate rápido. A xornada remataría a media tarde, non temos unha hora de finalizar, todo vai depender dos/as participantes, así que esa cuestión a imos falando ao longo do día. Para abonar a xornada podes facelo ese mesmo día ou ben pasarte polo local, como sexa máis cómodo.

    Saúdos

RSS dos comentarios desta entrada