Seminario: O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable
Amigos da terra presenta o Seminario O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable; un espazo orientado a dar resposta á crecente demanda da sociedade, que busca o xeito de implicarse nas posibles solucións existentes para pór freo á orixe do, cada vez máis acentuado, Cambio Climático.
O seminario está dividido en dúas partes, relacionadas pero independentes entre si, que darán resposta ao plantexamento: Ante o cambio climático,
Que podemos facer na nosa vida cotiá?. Parte I Accións prácticas para o cambio
Bioconstrución, enerxías, residuos, alimentación e transporte, son temas que trataremos dende a práctica; capacitándonos dende xa para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente
Como podemos comunicalo e incidir eficazmente na sociedade?. Parte II. Educación ambiental e comunicación como ferramentas para o cambio
As accións individuais son importantes, pero non suficientes; sen unha educación e comunicación que incida na sociedade, non será posible unha transformación real do modelo.
ACCIÓNS PRÁCTICAS PARA O CAMBIO
Datas: 28 – 29 de Novembro de 2009.
Destinatarios/as: público xeral
Duración: O seminario dará comezo o sábado ás 10:00 horas e rematará o domingo ás 18:00 horas.
Está prevista a acollida dos/as participantes a noite do venres
Contidos:
Enerxía: Visita interpretativa ao equipamento de As Corcerizas
Accións prácticas para o cambio. Visión práctica das enerxías renovables en Galicia
Resíduos: A onde van os meus residuos?
Accións prácticas para o cambio. Compostaxe e vermicompostaxe
Bioconstrución e hábitos domésticos: Medidas aforro e eficiencia enerxética. Respecto polo medio e a saúde
Accións prácticas para o cambio. Merezo un fogar verde!
Alimentación, agrocombustibles e cambio climático: Encarando o cenit do petroleo. Decrecemento
Accións prácticas para o cambio. Mobilidade e condución eficiente; rodar con aceite; alternativas locais para o consumo consciente e responsable
Ponentes: Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa – enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente), Amigos da terra.
Programa: Accións prácticas para o cambio
EDUCACIÓN AMBIENTAL E COMUNICACIÓN COMO FERRAMENTAS PARA O CAMBIO DE HÁBITOS E ACTITUDES
Datas: 31 outubro – 1 de Novembro de 2009
Destinatarios/as: asociacións, empresas, administración e calquera entidade ou persoa en xeral vinculada coa educación ambiental, a comunicación e/ou o eido do cambio climático
Contidos:
Interpretación do cambio climático dende a sociedade
A educación ambiental como alternativa para o cambio
Análise e pensamento crítico. Publicidade e cambio climático
Información oculta na comunicación escrita
Parches ou solucións ante o cambio climático? Agrocombustibles
Cambio climático e illas de calor urbanas: impacto globais vs efectos locais
Cidades en transición
Iniciativas fronte ao cambio climático en Galicia
Ponentes: Pablo Meira (USC), Centro tecnológico Labein Tecnalia, Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Verdegaia, CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), MeteoGalicia (Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas), Amigos da terra.
Programa: Educación Ambiental e Comunicación como ferramentas para o cambio de hábitos e actitudes
INSCRICION: O prazo de inscrición da comezo o 6 de outubro e remata 3 días antes do inicio de cada parte do Seminario (28 de outubro e 25 de novembro respectivamente). O número de plazas é limitado.
Prezo: 25 € para socios/as e 30 € para o resto de participantes, por cada parte. Inclúe desprazamento dende Ourense, aloxamento, e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible. O prezo conxunto dos dous seminarios é 50 €
Envía a túa ficha de incrición a:
Fax: 988 51 10 20
Dirección postal: Rúa Concordia nº20, 2ª esq. 32003 Ourense
Ficha de inscrición: Formato odt, Formato pdf, Formato doc
Clara Alvarez Montero comenta:
Outubro 7, 2009 @ 1:16 p.m.
estoy interesada en hacer este seminario. apuntadme.
Analía comenta:
Outubro 8, 2009 @ 8:40 a.m.
Ola Clara, agradecemos o interese polo seminario e rapidez á o hora de reservar praza; pero para poder levar un control das inscricións de cada parte, é importante e necesario que cubras a ficha de inscrición (está dispoñible en diferentes formatos ao final da nova da web).
Sáudos e… vémonos na Serra!
Begoña comenta:
Outubro 8, 2009 @ 10:36 a.m.
Me parece muy interesante el seminario voy a ver si convenzo a algun coleguilla para asistir
Analia Moares comenta:
Outubro 8, 2009 @ 1:32 p.m.
O certo é que, se che interesa o tema, é unha grande oportunidade.
Non deixedes a inscrición para o final, pois xa están chegando as primeiras fichas.
SOCIALMENTE RESPONSABLE » Blog Archive » Seminario sobre el cambio climático comenta:
Outubro 11, 2009 @ 7:54 p.m.
[…] Las dos fases del seminario están dirigidas a diferentes públicos. Para inscripciones y más información aquí […]
Alex (Alejandro Fernandez Ordoñez) comenta:
Outubro 28, 2009 @ 6:43 p.m.
Moi boas! Sinto non poder estar nesta primeira parte do Seminario polas datas, pero, se ha lugar, e sen enrollarme, gustariame aportar una observación-constatación-perplexidade (indignación) de cara á mesa redonda onde me gustaría estar e intervir se asistira: o lamentable estado da Educación Ambiental no programa de estudios do noso sistema educativo galego dos institutos (curriculo ESO e Bacharelato), por non dicir a súa case AUSENCIA no mesmo (quitando algúns parrafos, lecturas complementarias e partes de temas téoricos; en todo caso, non está explícita nin encamiñada a analizar o noso estilo de vivir e consumir para provocar cambios, salvo mínimas excepcións). A miña experiencia, como profesor de “Naturais”-Bioloxía-afíns é que se a inclúes como docente é porque decides persoalmente darlle tempo e peso no traballo diario cos rapaces, pero non porque esté incluído nas formas e no fondo no sistema educativo. A situación chegou ó esperpento ca anterior Consellería de Educación (!) que desaprobaba por sistema calquera asignatura optativa proposta polos centros (teñen certa liberdade para propoñelas, nalgúns cursos) que soara a “MEDIOAMBIENTE”!!!!! Non hai palabras… Vexo que na mesa redonda non participa directamente o sistema educativo formal (escolas, institutos) pero se esta aportación serve para algo… (expoño o problema, para mín sangrante; as solucións tamén dependen de nós) Un saúdo e noraboa polo voso imprescindible e proveitoso traballo!