Lexislación de fomento de enerxías renovábeis

O Parlamento Europeo votará o próximo mércores, 15 de febreiro, un informe de iniciativa no que lle solicita á Comisión Europea que prepare, antes de xullo, unha nova normativa que axude a dobrar, de aquí a 2020, as fontes de enerxía renovábeis usadas en calefacción e refrixeración. O documento considera que con este cambio se podería obter un abastecemento enerxético máis seguro, un medio natural máis limpo e a creación de novos postos de traballo no sector.

A Comisión de Industria da Eurocámara, ao aprobar este informe, incluíu recomendacións detalladas á Comisión Europea sobre cal debe ser o contido da nova lexislación, tanto na aplicación de instrumentos de financiamento nacionais, coma nos obxectivos de obrigado cumprimento en materia de cotas de enerxías renovábeis para cada Estado membro.

Fonte: 10/02/2006 Deputación da Coruña :: Novas

Os comentarios están fechados.