Curso de Iniciación á Educación Ambiental

Dentro da programación do curso de “Iniciación á Educación Ambiental”, organizado polo  CEIDA no Castelo de Santa Cruz e que celébrase do 22 ao 24 de abril, mañá, mércores participaremos co proxecto de As Corcerizas na mesa redonda “Asociacionismo e Educación Ambiental en Galicia”, compartindo mesa con outras entidades de carácter ambiental de Galicia.

educaambiental.JPG

O curso, destinado a educadores/as ambientais, monitores/as de tempo libre, profesorado e persoal técnico ambiental entre outros, ten como principais obxectivos introducir as temáticas e as metodoloxías de traballo no ámbito da Educación Ambiental, presentar os recursos e programas galegos para a Educación Ambiental e tamén favorecer o intercambio e a reflexión sobre a crise ambiental e posibles respostas dende o ámbito socioeducativo.

Os comentarios están fechados.