As Corcerizas acolle a parte práctica do curso de Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente

Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas a parte práctica do curso de “Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente”, organizado por Amigos da Terra en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Axencia Española para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), e cuxa parte teórica levouse a cabo durante esta semana en distintas cidades galegas.

080425_ng-7.jpg

Membros de distintas ONGD, asociacións ecoloxistas, representantes do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade e da Coordinadora  Galega de ONGD, daranse cita, do 24 ao 26 de abril, no centro de Educación Ambiental, para debater e mostrar a importancia do medio ambiente en cooperación ao desenvolvemento, un aspecto descoñecido para a maior parte dos axentes da cooperación galega.

Así mesmo, os asistentes realizarán unha visita guiada polos equipamentos de As Corcerizas, comprobando o bo funcionamento das enerxías renovables e coñecendo  alternativas viables para unha vida cotiá sostible.

Os comentarios están fechados.