Novos sistemas de aquecemento en As Corcerizas

Esperado dende fai moito tempo e conseguido non sen moitos esforzos, As Corcerizas conta xa cun sistema de calefacción activo na aula e no comedor.

Iso é posible grazas á existencia de dúas placas solares térmicas colocadas no mes de agosto por Renergy, e á instalación dunha nova caldeira de biomasa.

placas solares termicas

Totalmente automatizada e instalada pola empresa Ekosol, a nova caldeira de biomasa de tecnoloxía austríaca, complementa a singular traxectoria de As Corcerizas no seu abastecemento enerxético.Serve ademais como exemplo e recurso educativo para os centos de persoas que cada ano pasan polo Centro.

instalacion caldeira biomasa ekosol

instalacion caldeira biomasa

Logo da leña, do serrín e das labras, seguimos diversificando no emprego de combustible co uso de “pellets”, un granulado de serrín prensado e aglomerado mediante a súa propia lignina, que permite o aproveitamento dos (agora revalorizados) residuos das carpinterías.

pellets, combustible da caldeira de biomasa

Con estos notables cambios, Amigos da Terra dá un paso máis cara o autoabastecemento e sostibilidade.

Queremos agradecer o intererse persoal e implicación de Villar e Kiko, responsables das empresas Renergy e Ekosol, que non escatimaron esforzos na posta en marcha destas novas instalacións e que seguen de cerca a súa evolución.

instalación caldeira biomasa ekosol

Cabe destacar a participación na instalación da caldeira de dous futuros instaladores profesionais, Carlos e Poli, que logo de formarse no centro de Ekosol e coñecer As Corcerizas nunha visita educativa, non dubidaron en participar deste singular evento.
Para eles o noso recoñecemento e sinceiro agradecemento pola profesionalidade mostrada e a simpatía compartida.

instalación caldeira de biomasa ekosol

Agora só resta que vos acheguedes a coñecer e disfrutar das instalacións, inmersos nun acolledor ambiente otoñal de montaña.

Consulta as galerías de fotos das instalacións nos seguintes enlaces:

Os comentarios están fechados.