Novas alternativas para o verán. Ábrese a Campaña 2008

Amigos da Terra ofréceche este verán en As Corcerizas unha alternativa para o teu tempo libre, unha oferta diferente de actividades onde atoparás o xeito de divertirte, relacionarte con outra xente, e disfrutar á vez que descubres unha paisaxe descoñecida para moitos/as nesta época: a montaña galega.

Pega un cambio na monotonía das vacacións típicas de verán e coñece unha forma distinta de moverte.

Para tódolos públicos: Fins de semana alternativas no mes de agosto. Rutas pola montaña, actividades de orientación, ioga, musicoterapia, obradoiro de rastros de fauna, escoitas de animais nocturnos…

Ler máis

Para nenos/as e mozos/as de 8 a 18 anos: Campamentos ambientais e de aventura nos meses de xuño, xullo e agosto. Excursións, actividades acuáticas, obradoiros ambientais, actividades de animación e lecer, dinámicas de grupo, astronomía, danzas do mundo, xogos tradicionais galegos, deportes alternativos…

Ler máis

As prazas son limitadas. Apúntate xa! 

     Comentarios fechados

Amigos da Terra aposta pola Eduación Ambiental con adultos/as

Amigos da Terra comeza un novo Programa de Educación Ambiental dirixido a adultos/as no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas: A Ciencia como ferramenta de Educación Ambiental. Claves para un Desenvolvemento Sustentable.

A Educación Ambiental, debido ao momento de crise ecolóxica global na que nos atopamos, é unha ferramenta imprescindible para acadar cambios progresivos nos hábitos e actitudes. Por eso Amigos da Terra a incorpora transversalmente en todas as accións da asociación e dirixida a todos os públicos. Non se trata de chegar somentes a un público cautivo, como son os nenos/as, senón que é importante incidir en adultos/as, administracións e outras entidades que xa hoxe en día teñen capacidade de decisión.

Tampouco debe tratarse de accións puntuais, se non de procesos, a través de proxectos a longo prazo, como o do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que ademais de intentar cubrir todas estas carencias, mostra alternativas reais e viables.

Panel de control

Porén, esta semana da comezo en As Corcerizas un novo Programa de Educación Ambiental, dirixido a estudantes de ciencias, ciclos formativos e/ou educación:

A CIENCIA COMO FERRAMENTA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
CLAVES PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Actividade gratuíta apoiada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Consellería Innovación e Industria

     Comentarios fechados

Campaña de Educación Ambiental en As Corcerizas

Comeza a campaña de Educación Ambiental no centro xestionado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra

Este xoves 7 de abril, arranca a campaña de Educación Ambiental para escolares na que se desenvolveran os seguintes programas:

Programa de Educación Ambiental

Sentir, Coñecer, Actuar” este é un programa didáctico dunha xornada formativa para os centros escolares da provincia de Ourense, na que desenvolverase unha das diferentes actividades propostas: Unha Aposta contra o Cambio Climático, Medio Ambiente e Cooperación ao Desenvolvemento, Rutas interpretativas pola serra de San Mamede (Bidueiral de Montederramo e Rebordechao), A música das montañas galegas e O valor dos nosos recursos.

“Aplicación de metodoloxías científicas para a conservación do medio natural”, este programa didáctico dunha xornada de duración está dirixido a Centros escolares de toda Galicia, onde se explicarán as aplicacións da ciencia para a conservación e recuperación do Medio Ambiente

O horario das actividades é de 11.00h á 17.00h e o número de participantes por xornada é de 40. (O xantar e o transporte correrá por conta dos/as participantes)

“A ciencia como ferramenta de Educación Ambiental”, programa dirixido a adultos (universitari@s, ciclos formativos, obradoiros de emprego), onde se darán a coñecer as claves para un desenvolvemento sostible.

Todas as actividades son gratuitas estando subvencionadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Delegación Provincial de Ourense, e pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

     Comentarios fechados

Naturalmente Galiza: Camiñando ao son das montañas

Esta primaveira Amigos da Terra e a Dirección Xeral de Xuventude invítanche a pasar unha fin de semana “Camiñando ao son das montañas” en As Corcerizas. Á volta da esquina atópase a Primavera, e en As Corcerizas andamos xa nerviosas por estreala e disfrutala convosco; que mellor ocasión que esta para darlle a benvida.

Por segundo ano Naturalmente Galiza escolle As Corcerizas e a Serra de San Mamede coma un enclave para dar acollida as súas fins de semana ambientais dirixidas a mozas e mozos de 18 a 30 anos. Pero este ano hai novidades… que seica vos van gustar…

Roteiro Bidueiral de Montederramo

Tomade nota que comezamos, a fin de semana nas Corcerizas inclúe: roteiro ambiental interpretativo ata o bidueiral de Montederramo cunha actividade de rastros e sinais de fauna durante o mesmo, para a cal contaremos coa colaboracion da Sociedade Galega de Historia Natural. Despois da andaina gozaremos dun baño termal no Balneario de Baños de Molgas, e para rematar a fin de semana itinerario a cabalo pola serra, no que contaremos con profesionais da empresa Hípica de Maceda.

Bulide rapazas e rapaces!, que só temos catro fins de semana para disfrutar desta oportunidade única, entre Abril e Maio e o número de prazas é limitado!

Prazo de inscripción a partires do 13 de marzo.

     Comments (1)

Os novos voluntarios europeos nas Corcerizas baixo neve

O pasado venres, recén chegados a Galicia dende Finlandia e Belxica, Tiina e Lionel, voluntarios europeos de Amigos da Terra con proxecto As Corcerizas, achegáronse á Serra para visitar as instalacións e coñecer o entorno.

Voluntarios_europeos_As Corcerizas

Na súa primeira visita tiveron a sorte de ver As Corcerizas baixo neve, este ano xa é a segunda vez que ocorre… un espectaculo maravilloso. Ademáis do atractivo que poida resultar para nós, as nevadas son moi beneficiosas para o acuifero do alto San Mamede. Esperamos que nunca deixemos de ver brotar o manantial do río Arnoia.

Ler máis…

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »