Naturalmente Galiza: Camiñando ao son das montañas

Esta primaveira Amigos da Terra e a Dirección Xeral de Xuventude invítanche a pasar unha fin de semana “Camiñando ao son das montañas” en As Corcerizas. Á volta da esquina atópase a Primavera, e en As Corcerizas andamos xa nerviosas por estreala e disfrutala convosco; que mellor ocasión que esta para darlle a benvida.

Por segundo ano Naturalmente Galiza escolle As Corcerizas e a Serra de San Mamede coma un enclave para dar acollida as súas fins de semana ambientais dirixidas a mozas e mozos de 18 a 30 anos. Pero este ano hai novidades… que seica vos van gustar…

Roteiro Bidueiral de Montederramo

Tomade nota que comezamos, a fin de semana nas Corcerizas inclúe: roteiro ambiental interpretativo ata o bidueiral de Montederramo cunha actividade de rastros e sinais de fauna durante o mesmo, para a cal contaremos coa colaboracion da Sociedade Galega de Historia Natural. Despois da andaina gozaremos dun baño termal no Balneario de Baños de Molgas, e para rematar a fin de semana itinerario a cabalo pola serra, no que contaremos con profesionais da empresa Hípica de Maceda.

Bulide rapazas e rapaces!, que só temos catro fins de semana para disfrutar desta oportunidade única, entre Abril e Maio e o número de prazas é limitado!

Prazo de inscripción a partires do 13 de marzo.

1 comentario

  1. Carolina comenta:

    Abril 29, 2008 @ 12:30 p.m.

    Creei un foro onde xuntarnos todos aqueles que vaiamos as actividades do programa “Naturalmente Galiza” ou todos aqueles que lles gusten este tipo de actividades. http://boards5.melodysoft.com/app?ID=aventurasengalica

RSS dos comentarios desta entrada