Campaña de Educación Ambiental en As Corcerizas

Comeza a campaña de Educación Ambiental no centro xestionado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra

Este xoves 7 de abril, arranca a campaña de Educación Ambiental para escolares na que se desenvolveran os seguintes programas:

Programa de Educación Ambiental

Sentir, Coñecer, Actuar” este é un programa didáctico dunha xornada formativa para os centros escolares da provincia de Ourense, na que desenvolverase unha das diferentes actividades propostas: Unha Aposta contra o Cambio Climático, Medio Ambiente e Cooperación ao Desenvolvemento, Rutas interpretativas pola serra de San Mamede (Bidueiral de Montederramo e Rebordechao), A música das montañas galegas e O valor dos nosos recursos.

“Aplicación de metodoloxías científicas para a conservación do medio natural”, este programa didáctico dunha xornada de duración está dirixido a Centros escolares de toda Galicia, onde se explicarán as aplicacións da ciencia para a conservación e recuperación do Medio Ambiente

O horario das actividades é de 11.00h á 17.00h e o número de participantes por xornada é de 40. (O xantar e o transporte correrá por conta dos/as participantes)

“A ciencia como ferramenta de Educación Ambiental”, programa dirixido a adultos (universitari@s, ciclos formativos, obradoiros de emprego), onde se darán a coñecer as claves para un desenvolvemento sostible.

Todas as actividades son gratuitas estando subvencionadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Delegación Provincial de Ourense, e pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Os comentarios están fechados.