FINS DE SEMANA ALTERNATIVAS

Amigos da Terra inicia unha alternativa para o tempo libre, unha oferta diferente de actividades onde atopar o xeito de divertirse, relaxarse e aprender da natureza. O 12, 13 e 14 de setembro arrinca a primeira destas fins de semana alternativas, onde se combinarán actividades de aventura e distensión:

A Busca do Tesouro: orientación na montaña

Obradoiro do Combustible Ecolóxico: relaxación, risa e musicoterapia

As actividades están dirixidas ao público xeral e se adaptarán segundo o grupo.

Máis información e resevas

 

     Comentarios fechados

Xornadas lúdico – construtivas en As Corcerizas

A primeira fin de semana de Setembro, Amigos da Terra  invítache a participar no centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” dunhas xornadas de convivencia nas que levaranse a cabo diversas tarefas de mantemento e acondicionamento das instalacións. É unha oportunidade para coñecer o funcionamento do centro e disfrutar do enclave da Serra de San Mamede, a través da realización de diversas actividades como son rutas de sendeirismo e xogos interpretativos da Natureza, e se o tempo apremia, acudiremos a praia fluvial do Prado ou a piscina de Rebordechao.

   Grupo de voluntarios

Esta actividade é gratuita, incluíndo aloxamento e manutención, sairemos o venres 5 de setembro desde Ourense e voltaremos o domingo 7, os interesados podedes contactar con Violeta responsable da área de Voluntariado no 988374318 ou ecribindo un correo. Animádevos!

     Comments (1)

Amigos da Terra colabora na Recuperación de Fauna da Serra de San Mamede

A Asociación Amigos da Terra, en colaboración co Centro de Recuperación de Fauna de O Rodicio, organiza unha actividade de sensibilización e concienciación ambiental no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, na Serra de San Mamede.

A actividade terá como obxectivo explicar os nenos e nenas, que están participando no Campamento ambiental organizado polo Concello de Pontevedra e Amigos da terra, a importancia da conservación da fauna salvaxe. Será tamén unha boa ocasión para aclarar a finalidade e accións dos Centros de recuperación de fauna.

Ler máis…

     Comentarios fechados

As Corcerizas estará presente na Festa de Verán de Compostela

festa de verán

Amigos da Terra estará presente na Feira de Verán de Compostela informando á poboación sobre as actividades de verán de As Corcerizas e a campaña S.O.S. Clima.

Día: sábado 21 de xuño

Lugar: Parque de Belbís (Santigo de Compostela)

Horario: dende as 12.00h da mañá ata as 20.30h da tarde.

Ven celebrar o verán connosco!

Máis información en : www.santiagodecompostela.org

     Comments (3)

Presentación oficial do Campamento do Concello de Ourense en As corcerizas

Hoxe, 20 de xuño, ás 11:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense, Amigos da Terra xunto coa Concelleira de Igualdade; Xuventude e Voluntariado; Termalismo, Marta Arribas, presenta en rolda de prensa os seus campamentos ambientais de verán para mozos e mozas de 15 a 18 anos.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa da Consellería “Tope Xove 2008”, sendo salientable a aposta que se está a facer por realizar un campamento dirixido á mocidade, dada a baixa oferta pública existente, e a coherencia que se ofrece ao levalo a cabo no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

campamentos verán                         campamento verán pontevedra

As actividades desenvoltas en As Corcerizas, na Serra San Mamede, son unha experiencia lúdica e divertida que capacitará aos participantes para vivir en coherencia nunha sociedade de futuro.

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »