Amigos da Terra colabora na Recuperación de Fauna da Serra de San Mamede

A Asociación Amigos da Terra, en colaboración co Centro de Recuperación de Fauna de O Rodicio, organiza unha actividade de sensibilización e concienciación ambiental no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, na Serra de San Mamede.

A actividade terá como obxectivo explicar os nenos e nenas, que están participando no Campamento ambiental organizado polo Concello de Pontevedra e Amigos da terra, a importancia da conservación da fauna salvaxe. Será tamén unha boa ocasión para aclarar a finalidade e accións dos Centros de recuperación de fauna.


A actividade terá lugar mañá venres 17 de xullo ás 12:00, e se aproveitará o contexto para realizar unha solta dun exemplar de Avelaiona (Strix aluco), ave de rapina nocturna de tamaño mediano da orde das curuxas e bufos, que será voltada ao seu medio natural na Serra de San Mamede.

Para levar a cabo o programa, contaremos cos/coas técnicos/as do Centro de Recuperación de Fauna de O Rodicio, disposto pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para rehabilitar aos animais atopados enfermos, feridos ou en necesidade de coidados especiais.

Os comentarios están fechados.